16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Tania Arias: “Todas as comidas son igual de importantes”

Tania Arias é unha Dietista – Nutricionista que se incorporou este mes pasado para dar servizo no Centro de Saúde de Santa Comba. Este xoves falou en Radio Xallas, entrevistada por Reproducimos unha parte da conversa con ligazón ao audio orixinal da emisión.

P-Que é un Dietista – Nutricionista?

R– Bo día, un dietista – nutricionista é un profesional da saúde, con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa o grupo, dende os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación na docencia, a saúde pública desde os organismo gubernamentales, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social. Nesta caso a actuación sería na saúde pública dende un organismo gubernamental.

P-É un gran progreso para a profesión?
R-Si por suposto, estamos todos moi contentos, xa que é a primera vez que temos presenza en Atención Primaria.

«Por exemplo moitas persoas pensan que o almorzo é a comida máis importante do día, que é imprescindible facela. É non é así«

P- Cal é a vosa función?
R– O noso obxetivo principal é traballar a prevención a través da alimentación de enfermidades non transmisibles debidas a unha alimentación errónea.

P-Quen pode acceder a este servizo?
R-Non todo o mundo vai poder acceder a consulta, para poder acudir é necesario ser derivado polo/a medico/a de cabeceira, enfermeiro/a, matrona, pediatra, o cal considere que é susceptible de necesitar unha valoración ou intervención nutricional. Na gran maoría dos casos as persoas que acuden a consultan sofren unha patoloxía ou varias patoloxías. As máis comúns son obesidade, hipertención, colesterol e diabetes.

Escoita a entrevista desde o minuto 70

P-En que patoloxías ten a alimentación un impacto directo?
R-En moitísimas. Na hipertensión, colesterol, diabetes… Por exemplo, na hipertensión moitas persoas pensan que levan unha alimentación baixa en sal e resulta que consumen sal oculto en alimentos procesados e ultraprocesados, entón a nosa labor é a formación para facer unha boa lectura do etiquetado nutricional.

P-Hai moitos mitos en torno a nutrición?
R-Si, por exemplo moitas persoas pensan que o almorzo é a comida máis importante do día, que é imprescindible facela. É non é así. Todas as comidas son igual de importantes, e aínda que non se faga o almorzo non vai a pasar nada, si o resto de comidas do día se realizan de maneira correcta.

P-É mellor falar de dieta ou de “aprender a comer”?
R-A min sempre me gustou máis decir que é un cambio de hábitos. Realmente si nós enfocamos o cambio dentro dunha dieta, é moi probable que ese cambio teño data de caducidade. Pero pola contra se pensamos nun cambio de hábitos é moi probable que sexa para toda a vida.

P-Que é o máis importante cando realizamos un cambio de hábitos?
R– O máis importante é que os cambios realizados se adapten a persoa, non que a persoa se adapte os cambio. Polo xeral cando queremos comezar a comer de maneira saludable intentamos cambiar todo, é facendoo así é moi probable que fracasemos no noso propósito. A miña recomendación sempre é que os cambios deben realizarse de maneira progresiva, para que estes perduren no tempo.
Unha alimentación saludable é unha carreira de fondo, cada día temos que intentar facelo un pouco mellor que o anterior.

P- Hai alimentos prohibidos e permitidos?
R- Prohibir un alimento na gran maoría dos casos sempre vai a producir máis deseo polo seu consumo. Temos que saber que hai alimentos que son máis interesantes a nivel nutricional, como poden ser as froitas e as verduras, xa que nos aportan vitaminas, minerales, fibra… Entón o consumo debería ser diario. Despois temos outros alimentos que non son tan interesantes a nivel nutricional, no nos aportan nin vitaminas, minerales, fibra, e si nos aportan grasas saturadas… Entón estos alimentos deberían ser para un consumo ocasional.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos