14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

O Dolmen da Pedra Embarrada entra no rexistro e Bens de Interese Cultural de Galicia (BIC)

A Xunta de Galicia inscribiu o dolmen da Pedra Embarrada, en Coristanco, no rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia (BIC) como ben inmoble na categoría de xacemento arqueolóxico, o que supón recoñecer o seu réxime de protección patrimonial.

Deste xeito atendeu a petición formulada polo  concello de Coristanco. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou en 2021 a realización dunha prospección e delimitación de elementos patrimoniais no Chan das Embarradas e a súa contorna, para valorar a viabilidade da posta en marcha dun proxecto de revalorización deste conxunto patrimonial promovido pola administración municipal.

Segundo a Xunta “esta actuación arqueolóxica concluíu, entre outros aspectos, que o dolmen conta con características habituais da arte prehistórica e ten motivos equiparables aos que se localizan noutros monumentos megalíticos do Noroeste Peninsular como o de Dombate (Cabana de Bergantiños), a Casa dos Mouros de Regoelle (Vimianzo), a mámoa 11 de Espiñaredo (Negreira) ou Chá de Parada 1 (Baiao, Portugal)”.

Xunto con esta inscrición vaise a comunicar esta resolución á Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deportes para os efectos da súa anotación no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.

Na resolución da Xunta de Galicia indícase que “a cámara megalítica amosa nunha das súas lousas unhas decoración gravada que, pola forma do suco, é de indubidable carácter prehistórico. Ademais, os motivos triangulares, posibles antropomorfos, non teñen paralelos, ata o momento na arte megalítica occidental, polo que a súa valoración cultural e a súa declaración individualizada como ben de interesse cultural considérase plenamente xustificada”.O dolmen da Pedra Embarrada constitúe a mámoa número 11, que se identifica na necrópole das Embarradas. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos