17.8 C
Santa Comba
martes, septiembre 3, 2024

O BNG de Dumbría cualifica de “entroidada perfecta” o convenio con XEAL

O BNG  de Dumbría critica o convenio asinado polo concello e XEAL que servirá para mellorar unha vía de comunicación en Xestosa cunha achega de 40.000 euros.

Para o Bloque, a realidade deste asunto é que “a empresa XEAL coa súa actividade desfai o camiño e para lavar a mala imaxe que esta a deixar pola nosa comarca disfrazan de convenio algo que é unha obriga da empresa”.

Consideran que se trata dunha “entroidada perfecta” que ademais “ ven a demostrar a continua actitude servil do concello edo seu alcalde ante XEAL aceitando todo canto a empresa lle impoñe”.

A través dun comunicado asinado polo responsable local, Xaime Trillo, o BNG solidarízade “co comité de empresa na súa loita pola defensa dos seus dereitos”.

Foto- Xaime Trillo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos