6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O PP de Muxía presentará as súas propostas para o POS na comisión de contas deste xoves

A portavoz do Partido Popular de Muxía,Sandra Vilela, anunciou a súa intención de presentar as súas propostas para o Plan de Obras e Servizos na comisión de contas que se celebrará este xoves.

Celebran esta convocatoria aínda que recordan que “xa podería estar aprobado se o alcalde fixese esto antes como lle pedimos dende o PP. O único que pedimos é diálogo para que Muxía teña un POS mellor e tivemos que tomar a drástica decisión de paralo para conseguilo”.

As propostas do PP de Muxía

As propostas que os populares poñeran sobre a mesa son os camiños interiores e saneamento de Frixe, saneamento de Suxo, camiños interiores de Sorna, Leis e Caberta. Ademáis de pistas en Bardullas ou Figueiras.

“Gustaríanos abordar máis temos pero sabemos que agora, nesta situación na que se nos puxo, o tempo para facer proxectos será limitado”, comenta a portavoz do PP que continua, “díxeno todos estes días, se depende deste grupo, Muxía non quedará sen POS, mais o que non podíamos permitir era un POS mediocre e a utilización partidista dos fondos que lle pertencen ó noso concello”.

Sandra Vilela publicaba este martes unha carta aberta ao alcalde Iago Toba, que participaba este martes no programa radiofónico “Na Encrucillada”.Agora os populares só esperan que “o alcalde teña verdadeira vontade de negociar para que Muxía non quede sen POS”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos