10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

//Xosé Abelenda//Xosé Manuel Lema//

Alejandra Plaza, é xornalista, escritora e presidenta de embaixada.gal. Precisamente sobre esta iniciativa quixemos falar nesta entrevista con esta veciña de Cabana de Bergantiños que está na diáspora.

P-Cómo e porqué nace embaixada.gal?

R-Ante a modernidade, as circunstancias sociopolíticas, unha economía globalizada, a aparición das redes sociais, as novas tecnoloxías e a necesidade de visibilizar, divulgar e darlle voz ás novas inquietudes da diáspora galega do século  XXI,  embaixada. gal, xesta un novo formato de asociacionismo máis económico, máis global, máis completo, máis  políglota, con asesoramento, con xente cualificada e cunha capacidade de alcance máis importante e nova.

P-Que balance nos podes facer do tempo que levades operativos na rede?

R-O balance a día de hoxe é bo. Tense en conta como plataforma seria polas institucións, universidades e centros de estudos sobre emigración non só a nivel territorial. Está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo. O último caso recibido chega dende Galicia para levar a cabo unha tesis universitaria.

P-Como plataforma informativa da emigración, notades preocupación nos contactos ou nas mensaxes que recibides de galegos no exterior?

R-Temos casos moi diversos e inquedanzas ao gusto do consumidor. Hai moita demanda musical e promocional. Hai xente que quere viaxar e lle informamos de primeira man. Xente que realiza traballos sobre emigración e acude a nós pois dispoñemos de perfis nas diferentes categorías e países…

P-En que países ten máis incidencia a vosa plataforma?

R-A verdade é que embaixada.gal se creou para Europa pero esas fronteiras traspasaronse vai tempo. Cruzamos o charco, chegamos a Australia tamén. Dende Galicia contacta moita xente, dende Arxentina temos un colectivo de mulleres loitadoras que acuden á nosa plataforma con frecuencia por exemplo. 
Sempre barallamos máis Suiza, Alemaña, Reino Unido e España pero depende da época do ano e dos acontecementos tamén que se mova máis un lugar ou outro.

P-Cales consideras que son as preocupacións máis importantes agora mesmo dos nosos veciños?

R-Sempre depende do perfil da persoa pero eu destacaría tres preocupacións…O coronavirus, darlle continuidade e manter a nosa lingua, o galego e o Plan Retorno.O primeiro espero e desexo que se solucione o antes posible polo ben de todos. O segundo tratase dunha gran loita con moito vento en contra e a terceira pois penso que só un emigrante sabe o que precisa para voltar, sen eles non se pode redactar un plan adecuado.

P-No teu caso concreto, cómo estás vivindo esta crise do coronavirus?

R-Cando comezou a rodar a noticia e chega a Italia, atopábame de xira por España. Curiosamente, parecía que escapaba do virus porque marcho de Almería e aparece un posible caso, marcho da Comunidade Valenciana e aparecen os primeiros casos, deixo Madrid e unhas semanas máis tarde explota a traxedia. 

Eu intuía que era unha pandemia e faleino na casa e comezamos a prepararnos polo que a histeria colectiva nos supermercados non me afectou. Eu vivo a cabalo de Zúrich e Frankfurt pero agora estou no país teutón e, polo momento, teño unha sensación de seguridade maior que en Zúrich. Wuhan foi a cidade onde se xestou, Italia o mártir de Europa, España a irresponsable e Suiza a decepción. Así o vexo.

P-Son iguais as medidas, é igual a situación por exemplo comparando Suíza con Alemaña?

R-Non, de feito temos as estadísticas que, aínda que non sexan o cen por cen reais, o demostran. Cando chegou a Italia e, coñecendo un pouco Suiza, confiaba que, rápidamente tomaría medidas e non o fixo. 

Alemaña, sen embargo, reaccionou antes e comezou a pechar escolas onde penso que os nenos poden ser un potencial asintomático, hoteis, locais sociais, fronteiras, facilitar diferentes lugares onde ir facer o test do covid 19. Está claro que sempre está presente algunha irresponsabilidade por parte do cidadán. En Suiza hai moito contaxio e moita morte tamén. Aquí temos moito contaxio pero máis en xente máis nova e poucas mortes. Está claro que o escenario pode cambiar en calquer momento pero agora está así. 

P-A marxe disto, pensas que para os emigrantes galegos hai perspectivas de regresar a Galicia?

R-Se te refires ao Retorno eu non o teño claro aínda que sempre depende da necesidade persoal de cada emigrante. Moita xente non se plantexa volver, outra pasa tempadas aquí e en Galicia, outros desexan que as cousas milloren para volver a casa… Se antes non o tiña claro, despois da situación que estamos vivindo aínda o vexo peor. 

P-Como facemos sempre, que lle dirías a audiencia de Adiante Galicia?

R-Nestres intres o millor que podo dicir é que queden na casa polo seu ben e polo de todos. Agora premia a saúde. Sen ELA nada poderemos facer despois. Sei que a economía de moitos fogares se tambalea e cando ésto acabe chegarán máis problemas e moi diversos a nivel económico, emocional, físico e social. 

A pesar das difíciles circunstancias que nos rodean en tales momentos que sexan fortes.  Somos un pobo forte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos