Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

 Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

Entrevistas | Publicada: 30/03/2020

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 8 minutos e 36 segundos.

//Xosé Abelenda//Xosé Manuel Lema//

Alejandra Plaza, é xornalista, escritora e presidenta de embaixada.gal. Precisamente sobre esta iniciativa quixemos falar nesta entrevista con esta veciña de Cabana de Bergantiños que está na diáspora.

P-Cómo e porqué nace embaixada.gal?

R-Ante a modernidade, as circunstancias sociopolíticas, unha economía globalizada, a aparición das redes sociais, as novas tecnoloxías e a necesidade de visibilizar, divulgar e darlle voz ás novas inquietudes da diáspora galega do século  XXI,  embaixada. gal, xesta un novo formato de asociacionismo máis económico, máis global, máis completo, máis  políglota, con asesoramento, con xente cualificada e cunha capacidade de alcance máis importante e nova.

P-Que balance nos podes facer do tempo que levades operativos na rede?

R-O balance a día de hoxe é bo. Tense en conta como plataforma seria polas institucións, universidades e centros de estudos sobre emigración non só a nivel territorial. Está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo. O último caso recibido chega dende Galicia para levar a cabo unha tesis universitaria.

P-Como plataforma informativa da emigración, notades preocupación nos contactos ou nas mensaxes que recibides de galegos no exterior?

R-Temos casos moi diversos e inquedanzas ao gusto do consumidor. Hai moita demanda musical e promocional. Hai xente que quere viaxar e lle informamos de primeira man. Xente que realiza traballos sobre emigración e acude a nós pois dispoñemos de perfis nas diferentes categorías e países...

P-En que países ten máis incidencia a vosa plataforma?

R-A verdade é que embaixada.gal se creou para Europa pero esas fronteiras traspasaronse vai tempo. Cruzamos o charco, chegamos a Australia tamén. Dende Galicia contacta moita xente, dende Arxentina temos un colectivo de mulleres loitadoras que acuden á nosa plataforma con frecuencia por exemplo. Sempre barallamos máis Suiza, Alemaña, Reino Unido e España pero depende da época do ano e dos acontecementos tamén que se mova máis un lugar ou outro.

P-Cales consideras que son as preocupacións máis importantes agora mesmo dos nosos veciños?

R-Sempre depende do perfil da persoa pero eu destacaría tres preocupacións...O coronavirus, darlle continuidade e manter a nosa lingua, o galego e o Plan Retorno.O primeiro espero e desexo que se solucione o antes posible polo ben de todos. O segundo tratase dunha gran loita con moito vento en contra e a terceira pois penso que só un emigrante sabe o que precisa para voltar, sen eles non se pode redactar un plan adecuado.

P-No teu caso concreto, cómo estás vivindo esta crise do coronavirus?

R-Cando comezou a rodar a noticia e chega a Italia, atopábame de xira por España. Curiosamente, parecía que escapaba do virus porque marcho de Almería e aparece un posible caso, marcho da Comunidade Valenciana e aparecen os primeiros casos, deixo Madrid e unhas semanas máis tarde explota a traxedia. 

Eu intuía que era unha pandemia e faleino na casa e comezamos a prepararnos polo que a histeria colectiva nos supermercados non me afectou. Eu vivo a cabalo de Zúrich e Frankfurt pero agora estou no país teutón e, polo momento, teño unha sensación de seguridade maior que en Zúrich. Wuhan foi a cidade onde se xestou, Italia o mártir de Europa, España a irresponsable e Suiza a decepción. Así o vexo.

P-Son iguais as medidas, é igual a situación por exemplo comparando Suíza con Alemaña?

R-Non, de feito temos as estadísticas que, aínda que non sexan o cen por cen reais, o demostran. Cando chegou a Italia e, coñecendo un pouco Suiza, confiaba que, rápidamente tomaría medidas e non o fixo. 

Alemaña, sen embargo, reaccionou antes e comezou a pechar escolas onde penso que os nenos poden ser un potencial asintomático, hoteis, locais sociais, fronteiras, facilitar diferentes lugares onde ir facer o test do covid 19. Está claro que sempre está presente algunha irresponsabilidade por parte do cidadán. En Suiza hai moito contaxio e moita morte tamén. Aquí temos moito contaxio pero máis en xente máis nova e poucas mortes. Está claro que o escenario pode cambiar en calquer momento pero agora está así. 

P-A marxe disto, pensas que para os emigrantes galegos hai perspectivas de regresar a Galicia?

R-Se te refires ao Retorno eu non o teño claro aínda que sempre depende da necesidade persoal de cada emigrante. Moita xente non se plantexa volver, outra pasa tempadas aquí e en Galicia, outros desexan que as cousas milloren para volver a casa... Se antes non o tiña claro, despois da situación que estamos vivindo aínda o vexo peor. 

P-Como facemos sempre, que lle dirías a audiencia de Adiante Galicia?

R-Nestres intres o millor que podo dicir é que queden na casa polo seu ben e polo de todos. Agora premia a saúde. Sen ELA nada poderemos facer despois. Sei que a economía de moitos fogares se tambalea e cando ésto acabe chegarán máis problemas e moi diversos a nivel económico, emocional, físico e social. 

A pesar das difíciles circunstancias que nos rodean en tales momentos que sexan fortes.  Somos un pobo forte.

Pódeche interesar...

Rescatan a una octogenaria que se precipitó por un desnivel de varios metros en Caión

Rescatan a una octogenaria que se precipitó por un desnivel de varios metros en Caión

Una mujer octogenaria sufrió un traumatismo craneal  y otras heridas al caer por un desnivel de cuatro metros en el lu…

Ler máis
El naufragio del Ter y el terror al triángulo maldito Vilán - Touriñán- Finisterre

El naufragio del Ter y el terror al triángulo maldito Vilán - Touriñán- Finisterre

- Rafael Lema Mouzo- Siempre hemos defendido en este medio que fue el naufragio del HMS Serpent en 1890 en las costas…

Ler máis
 Los coches de gama alta más vendidos en España

Los coches de gama alta más vendidos en España

Hoy en día se pueden encontrar diferentes marcas de coches de gama alta, lo que ha permitido que se cree una competenci…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Operación Bark: desmantelan una plantación indoor de cannabis en A Coruña.

Operación Bark: desmantelan una plantación indoor de cannabis en A Coruña.

Los Españoles: desde Galicia a la conquista del mundo

Los Españoles: desde Galicia a la conquista del mundo

Rafael Lema sobre Frida Kahlo

Rafael Lema sobre Frida Kahlo

Concentración en Malpica 17 de abril

Concentración en Malpica 17 de abril

Opinión

Los rinocerontes de los Faraones

Álvaro Rodríguez

El apocalipsis se acerca…. Y ya llevamos  miles de  apocalipsis… El catedrático de filosofía  Zamora Bonilla, acaba de publicar Contra apo…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Un secreto ecológico

Álvaro Rodríguez

Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Mar…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A mesma manobra

Álvaro Rodríguez

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433  millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos ú…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información