4 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Montse Almozara:”Son unha persoa de Compromiso que vou na candidatura do BNG por un acordo electoral estratéxico e puntual”

Entrevista a Montse Almozara, unha dirixente xalleira  de Compromiso por Galicia que vai nas listaxes do BNG, froito do acordo entre as dúas forzas.

P- Cómo valoras este acordo entre o Bloque e Compromiso??

R-Sin duda é un paso moi necesario para que Galicia teña voz no Estado. 

Levamos anos onde os sucesivos gobernos de Madrid non tiveron o que nos chamamos Axenda Galega, que non é outra cousa que poñer os problemas que afectan a Galicia no debate político. 

Cuestións tan importantes como a gratuidade da AP-9 (fai un par de semanas estivemos no Alderdi Eguna en Foronda unha delegación de CxG, e nos 600 km de distancia non pagamos unha soa peaxe e nun tramo como de Santiago a Vigo custa case 10€ por traxecto. 

Tamén a cuestión das transferencias de portos e aeroportos galegos co que iso significaría para as arcas galegas.Outro punto moi importante sería ter unha tarifa eléctrica especial para Galicia, pois somos grandes produtores e exportadores de enerxía eléctrica.

Ou tamén contemplar as características especiais de Galicia nos orzamentos do Estado, os criterios de dispersión territorial e envellecemento da poboación co que deberíamos ter unha maior achega económica á Xunta.

P- Ti vas no posto 6º da Candidatura, que supón isto para ti?

R-Sen dúbida unha grandísima responsabilidade, pois vou representando ó meu partido e a miles de persoas que sintonizan co proxecto de CxG

Pero, mais alá de ser electa como deputada ou non, o traballo institucional nas Cortes do Estado comeza o día 11 de novembro, algo no que Compromiso, xa desde o partido se está traballando, para ser útil de verdade a Galicia. 

P- O obxectivo sen dúbida e acadar representación no Parlamento do Estado verdade?

R-Si, ti o dixeches moi ben, ese é o obxectivo prioritario. 

Obviamente este obxectivo leva vinculado todo o que necesitamos para Galicia, como xa che comentaba anteriormente. Ter representación significa moitas cousas, ademais das cuestións concretas que comentamos, tamén é moi importante poñer a Galicia no mapa do estado. Galicia ten que ser parte importante nas grandes decisións do estado, como poden ser cuestións vinculadas a políticas europeas, pero tamén temos que ter unha posición que nos permita defender o noso, a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa xente. 

P- Houbo moito debate en Compromiso á hora de adoptar esta decisión?

R-Si claro que houbo debate, non foi unha decisión tomada á lixeira. 

O debate produciuse en dous tempos e co mesmo resultado. No mes de Abril o Consello Nacional decidiu por ampla maioría concorrer ás eleccións xerais do 28 de abril nunha ROGA galega (unión de partidos galegos).Nese momento o noso chamamento non foi correspondido. 

En setembro no III congreso Nacional do día 21 a afiliación decidiu novamente concorrer á convocatoria de repetición das Xerais coa mesma filosofía, uníndonos ás forzas galegas. 

Mantívose contacto con todos eles, no caso de Anova decidiron non presentarse, e no caso de En Marea mantivo unha proposta de coalición co partido de Errejón que se saía da nosa proposta de acordos con partidos con centro de decisión en Galicia. 

Finalmente chegouse a un acordo programático co BNG .

P- Entendo que como candidata vaste a involucrar na campaña que nos espera?

R-Totalmente, son consciente de que nos espera unha campaña curta pero moi intensa e de moito traballo, pero afortunadamente conto cun gran equipo detrás co que estou segura que será unha campaña inolvidable e moi productiva. 

P- Que lle dirías os veciños de Santa Comba que están aínda coa noticia fresca?

R-Pois matizar que en ningún momento se entenda que me cambiei de partido.Son unha persoa de Compromiso por Galicia que vou na candidatura do BNG por un acordo electoral estratéxico e puntual para que Galicia poida ter voz en Madrid. 

Que sexan conscientes do que nos xogamos nestas eleccións, que moitas cousas dependerán de que un partido galego, con intereses galegos, poida estar a traballar por mellorar o futuro de todos nós. Podemos ir na cabeza do tren  ou ter que seguir sendo o último vagón de cola.  

P- Todo isto despois dun congreso no que tamén saíches elegida para a Executiva Nacional?

R– Pois si, teño a gran honra de poder traballar desde o máximo órgano do partido, fun elexida por votación para formar parte do Consello Nacional e posteriormente, a proposta do Secretario Xeral Juan Carlos Piñeiro, para estar na Comisión Executiva.

Teño que agradecer a confianza que se está a depositar en min e espero que a miña aportación persoal e profesional estea a altura das expectativas que os compañeiros puxeron en min. 

P- Por certo, como secretaria local como valoras estes meses de traballo tanto no goberno coma na propia agrupación local de Compromiso por Santa Comba?

R-En primeiro lugar coméntoche que desde que se convocou o III congreso todos os cargos quedan en funcións co cal actualmente a secretaría local de Santa Comba está pendiente de elección, que se realizará próximamente.

Actualmente coas responsabilidades que estou asumindo a nivel galego, non dispoño de máis tempo para asumir tamén a secretaría local de Santa Comba, pero estou segura de que os meus compañeiros da agrupación farán un bo traballo de apoio ó alcalde.  

Para min é un cambio de etapa, son unha persoa de partido e como tal estarei onde Compromiso por Galicia me necesite en cada momento, nesta ocasión toca estar na candidatura ás eleccións xerais. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos