11 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Entrevista a Traski do Camiño dos Faros

Óscar de Souto entrevista a Traski para Adiante Galicia// Fotos- Pablo Fariña Romero

P -Qué é o Camiño dos Faros e de onde e cómo xorde a idea?

R – O Camiño dos Faros xurdiu tomando unhas cervexas en Malpica e mirando para o mar e preguntámonos se éramos capaces de chegar de Malpica ata Fisterra pola beira do mar e comezamos a camiñar e conseguimos unilo. Nese tempo estivemos meditando se gardar o segredo e decidimos contalo e a partir de aquí un camiño como este coa diversidade que ten triunfou el soliño, iso si, co traballo voluntario de moitísima, moitísima, moitísima xente da Costa da Morte. Cada ano vai a mais e é a columna vertebral dun turismo sostible na costa da morte.

P -Fálanos da evolución do Camiño dos Faros e da situación no presente

R-Pois a partir desa primeira idea a través de facebook e das redes sociais convocamos unha primeira edición onde veu bastante xente, unha media de corenta ou cincuenta persoas por etapa, e despois xa continuamos as seguintes edicións e foi aumentando progresivamente. Nós traballando tamén na promoción en España, no estranxeiro, con medios de comunicación e de todo e …  foi evolucionando e aquí esta. Agora mesmo é coñecido en toda Europa e estamos traballando cas mellores asociacións do mundo para mellorar o trazado e intentar que sexa iso, unha columna vertebral, pero ben feito, que veña xente de todo o mundo pero que veña con moito coidado, que sexa respectuosa, conservar ó máximo o medio ambiente, etc…. Intentando mellorar o track pois nós temos claro que unha ruta de sendeirismo pola costa da morte vai conservar todo o que ten ó seu arredor

P –En qué aspectos pensades que poidera ser positivo este proxecto para a nosa rexión ?

R-Nun montón de aspectos. O primeiro de todos é para min para a mesma xente da zona porque é un sitio para pasear e para desfrutar que vai cambiando todos os días que o tes ao lado da casa pois….. incrible. Despois como dinamizador turístico xa que está traendo a xente moi interesante cuns valores de turista responsable que non  os teñen noutros sitios. Xente que quere consumir en todos os pobos, un a un, e non eses grandes mogollóns e nese aspecto esta claro que atrae a xente moi boa.

Todos os negocios locais se benefician, tanto hoteis, restaurantes, taxistas, farmacias, etc, e con eles todo o resto polo traballo indirecto que dan. Outra das cousas moi importante e que cobren de marzo a outubro,  e dicir, non é un turista estacional senón un turista que vai a cubrir os meses medios que son os mais importantes para os distintos sectores dándolle vida durante meses a estas rexións que teñen que fixar moito a poboación, e dicir, nós traballamos altruistamente para xerar traballo para que a xente non teña que ir pa Suíza.

E outra tamén moi importante é a valorización da propia terra pola xente de aquí.  O que valora a xente igual a costa que tiveron toda a vida ao lado agora igual a valoran un pouquiño mais que fai seis anos.

P –Xa para rematar…… coméntanos un pouco en que medios estranxeiros recolleron xa o voso proxecto ?

R-As mellores revistas de sendeirismo de Alemaña, Holanda, Francia, Reino Unido, etc, xa sacaron especiais do Camiño dos Faros e saímos no Times, no New York Times, etc, etc, …. e bastantes medios e xa escomezaron a sacar guías nas mellores editoriais de sendeirismo de Alemaña e Reino Unido. Estamos traballando continuamente para que nos coñezan en toda Europa. A maiores están os douscentos quilómetros porque fixemos xa un convenio con Google no seu momento polo que agora estamos totalmente trackeados dende calquera lugar do mundo podes poñerte no Camiño dos Faros e empezar a camiñar virtualmente.  Estamos traballando por todos os sitios. E todo a través de traballo voluntario. Xente da Costa da Morte que lle gusta o que fai e traballan no proxecto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos