Óscar de Souto entrevista ao candidato de Ciudadanos Independientes de Cabana(CIC), José Díaz, unha formación que se presenta por primeira vez ás eleccións.
P- Saneamento do litoral e das parroquias
R-A agrupación de electores Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) ten como obxectivo sanear integralmente o litoral cabanés e rematar coas verteduras. Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese ao saneamento integral do litoral cabanés e rematar cos vertidos. Interésanos o marisco da ría e o traballo das mariscadoras, interésanos o desarrollo turístico e interésanos un litoral saneado para garantir a saúde pública e dos nosos ecosistemas.
P- Medidas para protexer a Paisaxe
R-Eliminar os tendidos eléctricos e de telefonía aéreos.O fomento dun urbanismo responsable e respetuoso coa arquitectura popular. Evitar o feísmo.Eliminar os parques eólicos do noso municipio na liña de costa porque destrozan a paisaxe e prexudican o turismo.
P- Medidas para fomentar o emprego e a industria e incrementar a poboación no rural (resposta as preguntas 3, 4 e 6).
R-Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese a:
O polígono industrial de Nantón – Anos será por fin unha realidade e os plans para o seu desarrollo están xa bastante avanzados. O noso obxectivo é a industria e o emprego, para todas e todos. Non podemos seguir perdendo o tren do desarrollo industrial no noso municipio. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana. Xa hai empresas interesadas en asentarse e os plans están xa maduros.
Polígono industrial de Nantón:
Garantimos a posta en marcha do polígono industrial de Nantón. Para facilitar o asentamento de empresas e garantir as primeiras inversións, teremos que asinar un par de convenios, para que o prezo do metro cadrado sexa moi baixo para as empresas de Cabana, a custe cero se pode ser e un pouco máis para as empresas de fóra, pero sempre a prezos moi rebaixados.
Temos que seguir os pasos de Ponteceso e Vimianzo e non perder este tren.
Para que as empresas se vaian asentando iremos facendo ou seguinte:
• Un heliporto base para os helipcóteros do 061 Urxencias sanitarias de Galicia.
• Instalacións deportivas e de lecer: pistas de tenis e pádel.
• Un centro ecuestre de equitación e a formación dun clube de hípica.
• Un párking para autocaravanas.
• Un centro xeriátrico para a terceira idade como o que se vai a facer en Ponteceso, porque agora só está o Centro de día de Neaño, e este é insuficiente e non atende de noite ás persoas.
• Levar a auga ao polígono desde a canteira abandonada de Nantón (sempre co permiso dos propietarios). Esta auga pódese utilizar nos usos industriais.
• Unha base para a extinción de incendios cun helipcótero con cámaras para axudar na prevención dos incendios. Este helipcótero contará con cámaras capaces de transmitir imaxes fixas e de vídeo en tempo real e xeorreferenciadas, o que permitirá comprobar a situación dos lumes sobre plano e a súa evolución, con unha calidade que será de vital axuda á hora de tomar decisións durante os traballos de extinción.
2.- Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do Pp, para saber a onde foron parar os cartos.
3.-Paralizar o Plan Xeral de Ordenación municipal, para que a veciñanza non perda o chan edificable que ten arestora e redelimitar os núcleos será unha das nosas prioridades.
4.- Garantir un subministro de auga potable en condicións óptimas e eliminar os vertidos que van campo a través cara a ría tamén será unha das nosas prioridades, ao igual que poñer a punto o alcantarillado e a rede de sumidoiros.
5.- Rematar o paseo marítimo ata Ponteceso e facer do paseo marítimo cabanés un referente galego no desarrollo turístico, de xeito que inclúa un clube náutico como é debido e instalar un ou dous pantaláns, onde poidan amarrar as embarcacións de recreo e os barcos.
Paseo marítimo e desarrollo do litoral cabanés:
• Rematar o paseo marítimo ata o dique de Ponteceso e instalar un pantalán ou dous, para o amarre de pequenas embarcacións e barcos.
• Crear un club náutico como é debido, que agora é unha caseta de obras.
• Sanear todo o litoral cabanés para acabar cos vertidos á ría.
• Tramitar a bandeira azul para a praia de Rebordelo.
• Dotar ás praias de bós accesos e do servizo de socorristas. Dotar ás praias de mobiliario adecuado e accesibilidade para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas.
P.- Servizos para a terceira idade
1.- Reforzar o departamento de Servizos Sociais do noso concello, dotándoo de máis persoal e maior dispoñibilidade orzamentaria.
2.- Incrementar a plantilla do persoal auxiliar coidador, incrementar o número de horas de axuda no fogar que se lle adican a cada persoa maior e reducir os prezos públicos do custe do servizo. Estender o servizo de axuda no fogar a máis persoas (isto será posible reducindo custes naquelas partidas orzamentarias que menos prexudiquen os servizos públicos municipais, o que nos permitirá incrementar as plantillas e pagar os salarios establecido por lei).
3.- Festa anual gratuita para a terceira idade.
4.- Ximnasia e autocoidado para as persoas maiores en todas as parroquias. Abrir os locais sociais das parroquias e dotalos de materiais e persoal, para a atención do ocio e do tempo de lecer das persoas maiores.
5.- Construción dun xeriátrico no polígono industrial de Nantón.
6.- Reforzar o Centro de Día de Neaño con máis persoas usuarias e máis persoal. Baile para os nosos maiores todas as fins de semana e máis programas de actividades. Dotar a centro dun servizo de fisioterapia xeriátrica e masaxe.
7.- Reforzar o programa de Educación Familiar para as persoas maiores: autocoidado no domicilio, axuda no fogar, alimentación sá, formación nos dispositivos de axuda…etc.
8.- Desarrollo dun programa específico de fisioterapia para a terceira idade. Axudas para a compra ou renovación das próteses.
9.- Desarrollo dun programa específico para as persoas afectadas de alzheimer e os seus coidadores e coidadoras.
10.- Desarrollo dun programa específico para o tratamento da diabete e a colesterolemia.
P- Vaiselle esixir a empresa Naturgy que pague do seu peto a luz pública e a do concello despois de instalar eólicos na serra do Gontón ?
R-Hai que auditar a execución das obras do proxecto eólico de Mouriños, para ver se están a executarse ou non conforme ao proxecto autorizado. No caso de non ser así, paralizalas e pedir á empresa unha compensación polos danos causados na serra do Gontón trás o emprego de explosivos. Negociaremos coa empresa luz gratis para as veciñas e os veciños durante alomenos 5 anos (incluido o alumeado público), pola compensación dos danos causados na serra do Gontón. Estas negociacións son habituais coas empresas do sector eléctrico, e neste caso consideramos que Naturgy ten que compensarnos pola desfeita que fixo no Gontón coa utilización dos explosivos.
P- Mellora da atención primaria
Vamos a reforzar o centro de saúde da Carballa e de Nantón con máis medios persoais. Nas tempadas de vacacións e periodos estivais Nantón ten que disponer de atención médica ao igual que a veciñanza que vai ao centro de saúde da Carballa. Vamos a solicitar unha praza de pediatra permanente e dentista.
P- A transparencia nas actividades municipais.
• Atención á Cidadanía
O alcalde e a súa equipa de goberno estaremos a disposición dás veciñas e dos veciños para todo o que precisen e cumpriremos cos horarios municipais para atender a todas as súas demandas. Non como agora, que o que está, chega tarde e incluso hai que pedir cita para falar con el.
A atención ás veciñas e veciños é fundamental para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
• Falar coa Cidadanía. O dereito da veciñanza a participar nos asuntos públicos
Todas as obras e servizos que se presten deben estar consensuados coa veciñanza. Falar cás veciños e cos veciños para saber o que precisan e as necesidades de cada parroquia é fundamental. Reunións parroquiais e xuntanzas veciñais serán o habitual, antes de aprobar calquer actuación ou programa de inversión. A veciñanza ten o dereito a participar e a ser escoitada e nós o deber de atender ás súas demandas.
É o deber dos servidores públicos falar cás veciñas e cos veciños, escoitar as súas demandas e atendelas con prontitude. A veciñanza ten o dereito a participar e a ser escoitada.
• Transparencia e información
En Cabana non se publican os contratos menores nin as sesións dos plenos municipais, non se sabe a quen se adxudican as obras nin canto se gasta realmente nelas. A Cidadanía ten dereito a saber en todo momento que se contrata, con quen e por canto diñeiro. A transparencia e a información son fundamentais para Cidadanía Independiente de Cabana (CIC).
* Muller e Igualdade de xénero
Sin dúbida somos a candidatura máis feminista. Traballaremos para acadar a igualdade de xénero en todos os eidos da vida municipal. Connosco haberá Xefas de Obra, Aparelladoras e Enxeñeiras…etc. As empresas adxudicatarias de contratos públicos municipais terán que demostrar que cumpren coa normativa de igualdade de xénero.