5854 fans     1548 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Dereita Galeguista:"Máis da metade dos galegos, son nacionalistas de dereitas e por iso o PP saca 800.000 votos"

 Dereita Galeguista:"Máis da metade dos galegos, son nacionalistas de dereitas e por iso o PP saca 800.000 votos"

Entrevistas | Publicada: 13/12/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
21
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 12 minutos e 18 segundos.

Contactamos co colectivo Dereita Galeguista (@DereitaGalega) que está activo en Twitter para coñecer ass súas propostas, ideas e intencións. @xmlema

P-Que hai detrás de Dereita Galeguista?

R-Detrás de DG hai unha intención. Intención de espertar a conciencia dos galegos para que se den conta do verdadeiro camiño que debemos seguir como galegos. A primeira intención nosa foi crear unhas irmandades da fala do ano 2015 que foi cando isto comezou. Logo foi evolucionando pouco a pouco ate o día de hoxe. 

P-Xurde algunha dúbida, porque por unha banda dicides pertencer a un partido fundado en 1935, tamén ser unha corrente ideolóxica pero en cambio non hai ningún referente, nin portavoz nin actividade máis alá dunha conta de twitter....

R-Os únicos referentes que temos son os galeguistas do pasado. E recalcamos o de galeguistas (non independentistas). Queremos adaptarnos ao país, sempren dende unha visión moi realista do momento e da situación. Como fin últimos, e isto é moi importante, temos a idea de traer o galeguismo e o nacionalismo aos tempos de hoxe. Sabemos que as teses están anticuadas, que non se adaptan aos tempos que corren que cambiaron moito. Por iso, con esas teorías do pasado de autores do pasado, tentamos acercalas ao 2018 e facer un nacionalismo actual. 

P-Tedes pensado continuar nesa liña ou valorades outro tipo de acción?

R-Esta pregunta é clave. Debemos dicir que neste momento, DG está pasando un mal momento por que estamos divididos. Unha parte de nós pensa que debemos predicar ideas para vender e atraer á xente, sen pisar a rúa e facendo cousas moi ligts. Outra parte pensa que debemos seguir o noso camiño, e que se atopamos xente que pensa diferente (nacionalistas de esquerdas ou independentistas de esquerdas) debemos deixalos estar e seguir as nosas ideas saindo á rúa e pegando carteles e facendo actos. Estes son os nosos dous sectores e están separados. Uns queremos facer ruído, outros adaptarse AO QUE HAI.

P-Habería espazo para un partido chamado Dereita Galeguista no actual escenario galego?

R-A pregunta non ten que ser si hai espazo ou no. A pregunta debe ser: por que ainda non hai ese partido? Estamos plenamente convencidos, que un partido de centro-dereira nacionalista, un PNV, gañaría eleccións en Galicia. Faría que o PP quedase só con 4 gatos españolistas, arrastraría voto do PSOE, deixaría ao BNG con catro gatos independentistas e recollería aos enfadados e equivocados que están na Marea.

P-Porque considerades que Galicia non ten hoxe implantado un partido que se mova nesas coordenadas ideolóxicas?

R-Se Galicia non ten ese partido é por que non temos intelectuales que teoricen sobre estas ideas. E por outro lado, por que Fraga comeu as posibilidades de que exista. Ademais de que o PP fai que sexa case imposible.

P- Está claro que non vos gusta a estrela vermella na bandeira de Galicia...

R-Non nos gustan os símbolos foráneos. O nacionalismo galego ten que ser noso. Non podemos empregar simboloxía que non é creada por nós. Por que a estrela de Castelao era amarela e ao Partido Galeguista tamén? Por que era creada por eles. Pero os intelixentes independentistas escolleron a vermella!! De verdade pensan que ese símbolo representa aos galegos?

 Puxéronse a ollar o que hai en Galicia? Déronse conta que 800.000 galegos votan ao PP que emprega a autonómica? Non se enteran!!! Están tan enganados que non se dan conta que o voto está no Partido Popular, e eles pelexan por 4 votos soltos que están na esquerda!! Non se enteran!!! 

P- Que hai de vixente no discurso e no manifesto da Dereita Galeguista de 1935

R-Moitas cousas, pero tamén hai outras que non se adaptan ao noso tempo. O nacionalismo e galeguismo debe adaptarse ao tempo, debe darse conta que hoxe temos cousas novas como por exemplo as novas tecnoloxía que son elementos castelanizadores e que introducen culturas alleas!!! Antes estas cousas, debe posicionarse o nacionalismo, sexa en contra ou a favor, pero debemos crear a teoría agora e discutila por que a de antes non trata estas cousas adaptadas ao tempo!!!

P- Unha das figuras que máis presentes están nos vosos comentarios é Vicente Risco. Considerades que non está suficientemente difundida a súa obra e o seu pensamento?

R-Vicente Risco está maltratado. É un autor despreciado ao igual que a súa teoría e os seus seguidores!! Xente como Justo Beramendi chega a dicir en moitísimas ocasións que o nacionalismo galego de dereitas non existe xa!!! De ser así, logo xente coma nós non existe... este é o problema, maltrátase os nosos pensamentos por que escoitan a palabra “dereita” e salta un prexuizo na súa mente. 

E debemos dicir mais, non é que non exista o nacionalismo de dereitas, senon que mais da metade dos galegos, son nacionalistas de dereitas e por iso o PP saca 800.000 votos!!!! Agora mesmo estás a falar cun tipo que está no PP, ao igual que falando con nós pode respostar ás túas preguntas un do BNG por que nós somos moitos dentro de DG e de diferentes partidos (menos da marea). 

Debemos dicir, que tanto no PP coma no BNG saben valorar os nacionalistas de dereitas, a única diferencia é que o PP nútrese deles para gañar eleecións, e o BNG leva ao extremo ideas que o PP fai moderadas e nas adapta aos galegos. O PP é un organismo simbiótico que se une ao país e imita o que este fai e pensa. E xa está!!! Non hai mais!!!

P- Que opinades da situación do idioma galego?

R-A lingua galega pasa por malos momentos. Isto sucede por que antes que a lingua hai algo mais importante, a tradición. No momento no que se perde a tradición ou é sustituida por outra, pérdese algo de nós. Cando se perde a tradición entra outra nova que ocupa ese sitio e esa nova, ven noutra lingua. 

Poñamos un exemplo: Risco dicía que o baile galego era separado (a muiñeira), e agora os mozos novos “perrean” na discoteca. En que lingua era o baile galego e en que lingua é o baile co que os mozos ”perrean”? En que lingua está a información que lemos hoxe? En que lingua están a maior parte dos libros que lemos? En que lingua está a televisión, as películas, as revistas que consumimos? E sobre todo, en que lingua están os contidos da rede? É todo unha entrada de cultura e tradición que ven de fora e que vai cambiándose pola nosa

P- Que partido se identifica máis co voso pensamento?

R-NINGÚN. Todos os partidos teñen algo que nós non queremos. Uns mais ca outros, pero o noso partido ideal, inda non existe. E parece moi difícil que exista. Hai moita xente que se ten que poñer de acordo para facelo, débese recuperar as ideas que o PP toma para si e que non son del, e débese escribir uns marcos para ese partido!!! Repetimos, non temos teóricos moderados que sigan unha liña coherente para nós e para a maioría dos galegos.

P- Pola miña banda está ben. Non sei se queredes engadir algo....

R-Queremos engadir unha cousa: Non sexades conformistas, non aceptedes o que vos diga unha formación política, un amigo ou un familiar. A dúbida é importantísima!! Debedes dubidar de todo, poñer en cuestión todo e tomar información de todos lados para poder chegar á “verdade”. Só iso, e recordade, só iso, só iso, nos fará libres.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Nos vindeiros días acometerase unha actuación urxente de reparación das fochancas na estrada de Touriñán

Nos vindeiros días acometerase unha actuación urxente de reparación das fochancas na estrada de Touriñán

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela e o rexedor de Muxía, Iago Toba reuníronse co presidente da Autoridade Portuaria,…

Ler máis
Coches de alta gama y tecnología de vanguardia para una diversión relacionada

Coches de alta gama y tecnología de vanguardia para una diversión relacionada

La evolución del mundo ha invadido todos los rincones del mercado, de manera especial en los dispositivos y automóvile…

Ler máis
David Barbeira advierte que en el entorno de la Fervenza de Castriz “no se puede ubicar un parque éolico”

David Barbeira advierte que en el entorno de la Fervenza de Castriz “no se puede ubicar un parque éolico”

"Yo apuesto por Radio Xallas” dice el alcalde de Santa Comba. Escucha la entrevista con David Barbeira a partir del mi…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Carballeira Zas 2019
Día de Galicia 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Coristanco
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información