13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Jonny Souto:”Espero que a xente me apoie tanto como na primeira fase”

Jonny Souto, representante da Costa da Morte no concurso “Recantos” do Luar da TVG.

P- Como está sendo a experiencia no concurso do Luar?

R- A experiencia está sendo moi boa polo trato dos compañeiros e de todo o grupo de presentadores, cámaras, colaboradores.

P- Neste concurso aparte do teu traballo é moi importante o apoio do público..

R- Correcto.O apoio do público e fundamental. Polas chamadas, polo Whatsapp e pola redes sociais Facebook e Twitter. Son puntos que axudan a saír da zona de perigo e pasar á seguinte fase.

P- Cal foi a túa primeira intervención con público?

R-A primeira vez foi con 8 ou 9 anos no Festival da Canción do Xallas.Antes cantara na hípica de Santa Comba pero en grupos reducidos.Sempre me gustou cantar.

P- E porque te decidiches a concursar neste programa da TVG?

R-Estábame preparado para outro concurso. E a través dun contacto propuxéronme se quería concursar que estaba o prazo aberto e decidinme .A miña intención é formarme tecnicamente e darme a coñecer.

P- Polo tanto que non falamos dunha experiencia puntual senón que queres seguir neste mundo..

R- Eu quero tentar abrirme camiño e chegar a ter algún día o meu propio disco, con algunhas cancións miñas.

P-Artistas favoritos?

R-Teño moitos pero por exemplo, David Bisbal, Bustamante, Il Divo, aínda que tamén me encanta Andrea Boccelli polo seu estilo e o seu repertorio.

P- E este venres actuación

R- Actúo este venres 23 de novembro. Tócame iniciar a segunda fase. Espero  dalo todo. Espero que toda a xente me apoie tanto como na primeira fase e quero darlle as grazas a toda a xente que me está apoiando coa publicidade e nas redes sociais

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos