Entrevista a Evaristo Ben en Adiante Galicia.O vicesecretario de organización e xefe de campaña do Partido Popular na provincia da Coruña concedeu unha entrevista ao noso xornal.
P-Está notando que esta nova política de reunións comarcais están servindo para activar o partido?
R-Como partido político, desde a chegada á presidencia de Diego Calvo, establecemos que esta é a mellor maneira de estar en contacto directo cos militantes, afiliados e simpatizantes. Estas reunións permanentes, ademais de para escoitar as ideas e as posturas de cada un deles, sérvennos para aprender. Non se trata tanto dunha estratexia política e si da convicción de que está é a mellor forma de facer política.
P-Unha das comarcas onde o PP deu un paso atrás en 2015 é a Costa da Morte. Parece que agora teñen boas expectativas. Confían en recuperar o deputado provincial?
R-O noso obxectivo como partido é ser a forza máis votada nesta comarca. Estamos convencidos de que gañaremos as eleccións nestes concellos, levamos moito tempo traballando duro para conseguilo.
P-No concello de Cee optouse por recuperar a un exalcalde. Non é o máis habitual….
R-Cee preocúpanos e moito. Fronte á situación de inacción e de deixadez dun goberno local ausente e deriva nós presentamos un candidato avalado por unha xestión acreditada. Antonio Domínguez decidiu dar o paso á fronte e eu só quero lembrar que os mellores anos de Cee, os de máis crecemento e as de máis oportunidades tiveron lugar con el como alcalde.
«O noso obxectivo non só pasa por recuperar o goberno de Fisterra e Cee, senón que esperamos gobernar en máis concellos»
P-Confían en facerse coas alcaldías de Fisterra e Cee ou incluso con algunha máis no partido xudicial de Corcubión?
R-Gustaríame proponerlle ao PSOE que nos concellos da comarca gobernase a lista máis votada. Como me imaxino que non aceptarán o reto, xa lle adianto que o noso obxectivo é máis ambicioso e que pasa, non só por recuperar o goberno de Fisterra e Cee, senón que esperamos gobernar en máis concellos.
P–En Camariñas volve a presentarse Mauro Aufiero. O PSOE goberna desde o 1983 ininterrumpidamente. Pensa que pode cambiar esta situación?
R-Confiamos moito en Mauro e no seu proxecto de rexeneración política. Queremos que o futuro de Camariñas pase pon un goberno para todos os veciños, que non exclúa a ninguén, que non estea paralizado e que sume. Camariñas merécese ser noticia por todas as cousas boas que ten e non polos continuos escándalos políticos aos que nos ten afeitos nos últimos anos.
P-Haberá candidatura no concello de Dumbría?
R-Haberá candidatos nos 93 concellos da provincia de A Coruña
P-Na bisbarra de Bergantiños, Carballo é unha praza que se resiste desde fai anos e na que o PP foi en retroceso nos últimos comicios locais. Tamén son optimistas?
R-2015 foi un ano complicado como partido político. En Carballo confiamos no traballo que está a realizar o grupo municipal e a xente da xunta xestora. Estou seguro de que contaremos cun equipo atractivo, que sintonice con todos os votantes que o Partido Popular ten en todas as eleccións. As municipais son un punto e aparte na política de Carballo. Polo que temos entendido, o señor Ferrero preséntase sen convicción e por un compromiso co partido. Creo que os veciños de Carballo merecen saber si ten pensado acabar a lexislatura en caso de ser elexido como alcalde ou de estar na oposición.
Gustaríame facer un chamamento á xente do Partido Popular para que vote ao equipo que imos presentar e que está comprometido con e por Carballo.
P-E no resto do partido xudicial de Carballo?
R-No 2015 gañamos en todos os concellos e uns 80 votos priváronnos de conseguir as alcaldías de Laxe, Ponteceso e Coristanco. Agora non podemos ter outro obxectivo que o de gobernar nestes tres concellos e, sobre todo, consolidar as alcaldías de Laracha, Malpica e Cabana.
«Santa Comba é un claro exemplo de que si os votantes do Partido Popular están unidos gañaremos con claridade e con maioría absoluta».
P-Falamos da comarca do Xallas.En Santa Comba goberna o PP pero as últimas eleccións non se gañaron.Que agarda deste concello?
R-O noso presidente provincial leva meses apelando á unidade do partido na provincia. Santa Comba é un claro exemplo de que si os votantes do Partido Popular están unidos gañaremos con claridade e con maioría absoluta. Con María Pose esperamos contar cun proxecto unido, comprometido e xeneroso.
P-Cando coñeceremos ao candidato ou candidata de Mazaricos?
R-Nas próximas semanas saberemos o candidato ou candidata de Mazaricos. Formaremos un bo equipo.
P-Por último, vostedes insisten moito na necesidade de recuperar a Deputación. Encontra moitas diferencias entre a Deputación gobernada polo PP e a actual de PSOE e BNG?
R-Non queremos recuperar a Deputación para o Partido Popular, querémola recuperar para os veciños da provincia da Coruña. O exemplo do que digo atopámolo no Plan Único que acaban de aprobar e que non contentou a ningún alcalde da provincia. Estamos ante un plan único que mingua a súa partida económica respecto ao ano pasado.
Nós deixamos unha Deputación saneada, con plans, con acción permanente e ligada aos veciños, e ímonos a atopar unha Deputación menguante e ausente igual que o seu presidente, que parece máis preocupado en arranxar os problemas do seu partido, que falta lle fai, que de gobernar a Deputación.