16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Ramón Vigo:”Este goberno é a aposta segura de seriedade, traballo e entrega ao pobo de Cee”

Entrevista ao alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade.

Ramón Vigo Sambade afronta o último ano de lexislatura, despois de liderar a forza máis votada en 2015. Quere abrir a piscina municipal e licitar o Plan Xeral antes de esgotar o mandato. Un proxecto de IxCEE que pretende continuar porque está convencido de que é a mellor opción para o pobo.

P- Está sendo especialmente dificultosa esta lexislatura pola situación do goberno?

R-Todas as lexislaturas nas que non hai unha maioría sólida ou acordos de goberno fanse máis complicadas de levar. Houbo diversos cambios. É complicado ter un goberno de tres concelleiros nunha corporación de trece.Pero teño que dicir que tivemos unha oposición bastante responsable e nos grandes temas houbo acordos e todo funciona con normalidade.

Reitero que é moi importante que a forza gobernante teña unha maioría que lle permita levar adiante os seus proxectos  ou haxa un acordo que marque unhas liñas.Nesta situación vanse facendo cousas pero a veces non hai un fío condutor que é o que transforma os pobos.

P-Que cuestións desexaría solucionar ou encamiñar antes de rematar a lexislatura?

R-Gustaríame deixar a piscina aberta. Estamos co proceso de contratación e espero que non haxa problemas. Tamén estamos facendo as obras necesarias. O grande problema da lexislatura quedaría resolto. 

E tamén deixar licitado o Plan Xeral de Ordenación Urbana. Cambiou a lei cando xa estaba redactado e quedou desarmado. Agora mesmo o obxectivo e deixa-lo licitado. É fundamental e necesario para poder desenvolver o concello de Cee. As normas subsidiarias están obsoletas e crean moita inseguridade xurídica.

P- Como analiza a situación actual. Parece que o patio está algo revolto.

R-Hai unha situación curiosa no abano da dereita.Aparecen paracaidistas por todos os lados. Parece o segundo desembarco de Normandía. Pero en Cee sempre houbo moita oferta política nas eleccións. O pobo é sabio e reparte como considera e coloca a cadaquén no seu sitio. Os ceenses decidirán se merecemos continuar no goberno ou se debe haber un cambio e da man de quén ten que ver.

P-Unha alternativa que para moitos agora mesmo non está moi clara…

R-Non houbo unha oposición definida. Todos os grupos teñen os seus liderados pero eu non vexo unha alternativa, unha proposta ilusionante de facer as cousas. Eu penso que a aposta segura é continuar co goberno que teñen, de garantía de seriedade, traballo e entrega ao pobo de Cee.

P- Unha longa historia dentro dun partido independente…

R-Fomos medrando progresivamente ao longo dos nosos 23 anos de historia. Sempre mantivemos unha actitude activa e tivemos unha resposta da cidadanía importante. 

Gañamos as eleccións no 2011 e no 2015. Cee sempre referendou o noso traballo, valorounos positivamente, e cando tivemos a posición máis importante no goberno municipal, os veciños souberon valorar o traballo de Independentes por Cee. Somos un grupo aberto. A nosa forza é a nosa transversalidade. O interese de IxCee é o desenvolvemento do noso territorio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos