Entrevista con Víctor Somoza, de Unión Cidadá Galega. Balance sobre a actualidade política do concello de Cee.
P-Tes pensado presentarte de novo ás eleccións municipais de Cee?
R-Respecto a se nos imos ou non presentar iso decidirase nunha reunión que imos manter en setembro ou outubro,ben é certo que a xente nos anima e que ten gañas de que nos presentemos e iso terémolo en conta, aínda cas circunstancias persoas terémola que valorar para saber se nos imos ou non presentar; o que podo garantir é que dende Unión Cidadá Galega temos un compromiso coa xente que nos votou nas elección do 2015 e ata as vindeiras eleccións do 2019 seguiremos a traballar polos Ceenses e por ende os intereses da Costa da Morte; se decidísemos presentarnos o que está claro é que nos presentaríamos no esencial co mesmo programa polo que xa estasmos a traballar a día de hoxe sen estar nas institucións e que se estivésemos nelas e gobernando moitas delas xa estarían feitas ou alomenos encamiñadas, e dicir traballar para sacar a concurso as bateas, traer para a Costa da Morte un Xeríatrico e centros de día e noite suficientes, loitar por un plan de industrialización da comarca, mellorar os servizos sociais, a finalización da vía de alta capacidade…
P-Que balance fas deste tres anos de mandato de Ramón Vigo?
R-O balance é nefasto, tanto pola xestión do Señor Vigo como da oposición.Teño que lembrar que nós propuxemos en reiteradas ocasións a todas as forzas políticas traballar a prol da industrialización do Concello de Cee e a Costa da Morte, conseguir que se sacasen a concurso as bateas para xera traballo, traer un xeríatrico, de feito iso levámolo dende Unión Cidadá Galega ó Congreso dos Deputados pola falta de compromiso do resto de forzas e tendo en conta que algunha delas tamén o levaba no seu programa igual co centro de día e noite sen que estas fixeran nada ó respecto, iso sí ,agora en breves, volverán falar diso pola proximidade das eleccións, pero nestes tres anos que dende Unión Cidadá Galega levamos a traballar, nin nos apoiaron nin fixeron nada por intentar logralo.
IxCee,PP de Cee, PSOE de Cee, BNG de Cee e C´s de Cee non fixero nada , habendo ferramentas xurídicas para que a piscina estivera en funcionamento dende a rescisión da concesión e agora nuns meses porase de novo en funcionamento como aventurei xa o ano pasado a pesar de que nunca tivo que ter pechado pois insisto había ferramentas xurídicas de sobra para que non pechase
Cando sufrimos un problema tan grave para a supervivencia da economía de toda a Costa da Morte como foi o conflito de Ferroatántica démoslles instrución, no só o Concello de Cee, das medidas legais a tomar para que o Concello non fose só un mero espectador, pois ten capacidade xurídica e medios de actuación que ningún dos alcaldes , en todos este anos empregou , non sei se por descoñecemento ou por desidia, pero que fixeron que os dirixentes de Ferroatántica e da Xunta non teñan en conta os intereses dos Ceenses e do resto de cidadáns da Costa da Morte, a proba está onde a Xunta paralizou as obras da Vía de Alta Capacidade, e cando dende Unión Cidadá Galega presentamos os escritos expoñendo xuridicamente porque esas pretensións non eran lexítimas, e ameazando con levalos os xulgados e denuncialos a Unión Europea por vulneración da lexislación europea, foi cando a Xunta reaccionou, cousa que non fixo ninguén antes de que o fixeramos nós mediante rexistro tal e como tedes neste medio de comunicación, e que foi o que detivo todo.
P-Nesta lexislatura en Cee houbo movementos na corporación, agora hai tres concelleiros non adscritos, o candidato de Converxencia anunciou o seu paso a Ciudadanos, posiblemente volva un exalcalde a liderar o PP, etc… pensas que Unión Cidadá ten posibilidades de obter representación?
R-Esta pregunta está supeditada á primeira , en función do que se decida na reunión de setembro outubro presentarémonos ou non en Cée, e se decidimos presentarnos quen ten que decidir se merecemos ou non representación son todos e todas os/as cidadáns de de Cée que teñen que valorar o traballo que fixemos nestes anos para lograr o que levábamos no noso programa e que de estar nas institucións teríamos case seguro feito pois é factible.
P-Por último, valorades a posibilidade de presentarvos nalgún outro concello?
R-Se hai xente doutros Concellos que se queren presentar coas siglas de Unión Cidadá Galega, e tan doado coma que se poñan en contacto con nós no teléfono 660561770 ou no enderezo electrónico unioncidadagalega@hotmail.com e se perseguen os obxectivos do noso partido nós dende logo non teríamos problemas en que se presenten.Moitas grazas pola entrevista e un saúdo