5059 fans     1432 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

“ A Laracha conta con servizos a tódolos niveis para recibir unha masa importante de novos cidadáns ”

“ A Laracha conta con servizos a tódolos niveis para recibir unha masa importante de novos cidadáns ”

Entrevistas | Publicada: 06/03/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 24 segundos.

Entrevista en Adiante Galicia ao alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela.

P- Que balance fas do que levamos de lexislatura?

R-Imos a cumprir tres anos de lexislatura e tódolos indicativos son totalmente favorables e positivos para o concello nas distintas áreas de goberno, con melloras que se poden cuantificar.

P-No eido económico parece que a situación é boca

R-A situación económica do concello está saneada. Temos os impostos mínimos desde que estamos no goberno. E as taxas tamén. Tivemos un remanente de cerca de dous millóns de euros, dos cales un millón xa se investiron en distintas obras e servizos. Acabamos de aprobar o orzamento máis alto da historia do concello.

P-Neste anos houbo distintas actuacións. En que están traballando agora?

R-Queremos continuar coa mellora das zonas rurais e co noso plan de humanización da zona urbana, mellorando os servizos e a oferta cultural, deportiva e para a xuventude, coa renovación dos parques infantís e zonas verdes. Unha destas actuacións, a renovación do céspede do campo de fútbol de Paiosaco xa está en licitación. Máis dun millón de euros do noso orzamento vai para Servizos Sociais.

P-A chegada de Inditex é sen dúbida unha fantástica noticia-

R-Inditex é unha empresa punteira a nivel mundial e que aterre no concello é unha oportunidade histórica.

P- E a bo seguro que actuará como imán doutras empresas

R-Efectivamente. Xa hai empresas que presentaron proxectos para instalarse e veñen polo efecto arrastre de Inditex.Estamos nun momento moi positivo. Levábamos anos esperando que arrancara o Polígono e non o puido facer de mellor maneira. Agardamos que as actuacións que levamos a cabo obteñan o respaldo dos veciños e valoren o que se fixo.

P-Está preparada A Laracha para recibir novos habitantes?

R-.A Laracha conta con servizos a tódolos niveis para recibir unha masa imporante de novos cidadánsEste concello é un bo sitio para vivir. Agardo que coa chegada de novas industrias a xente vai establecendo aquí a súa residencia.

P-Co volume inversor que leva desde fai anos este concello, supoño que os mantementos ocuparán unha parte importante do gasto.

R-Os mantenementos teñen que ser perfectos. As instalacións deben de estar en bo estado. Por poñer un exemplo, na piscina fixéronse distintas melloras pero hai que seguir facendo investimentos cada ano.Temos dous campos de fútbol e queremos construír un terceiro en Caión e contamos nestes momentos con cinco pavillóns cubertos. Isto provoca un gasto importante en conservación.

P- Cal é o segredo para que un goberno funcione?

R-Temos unha liña de traballo nas distintas áreas e estamos conseguindo que os veciños cada se sintan máis orgullos de pertencer a este concello e dos servizos e oportunidades que hai.

Noticia relacionada : López Varela apoia o CMAT

P- En 2015 obtiveron a maioría absoluta, nunhas eleccións que non foron moi boas, en xeral, para o PP.

R-En cada sitio hai que facer unha lectura distinta. En A Laracha fíxose unha candidatura que era competencia do PP pero mantemos os 12 dos 17 concelleiros que hai na corporación. Nós temos que traballar e estar pendentes dos veciños.

P- Será un contexto diferente, a nivel xeral, no 2019?

R-Hai un auténtico fracaso dos gobernos das Mareas de Podemos nas tres grandes cidades. Hai desilusión. Non hai iniciativas nin actuacións, só foron enredando en enfrontamentos e litixios.A xente vai a valorar cales son os gobernos que se centran nos problemas dos veciños.

P-E antes de rematar a lexislatura hai algunha actuación que lle gustaría rematar?

R-Hai distintos proxectos. Estamos insistindo coA consellería de Educación para rematar as aulas do colexio Otero Pedrayo, tamén estamos traballando no centro comunitario “Costa da Morte” de Caión, e ir mellorando as ampliacións de estradas na zona rural, e novos equipamentos na zona urbana.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santiago Abascal:“El PP criticaba la ley de memoria histórica y ha acabado imponiéndola”

Santiago Abascal:“El PP criticaba la ley de memoria histórica y ha acabado imponiéndola”

Santiago Abascal en A Coruña: “Las elecciones europeas son las que dan el certificado de calidad y nosotros vamos a e…

Ler máis
El gobierno de Fisterra aprobó en solitario la ordenanza de zonas peatonales

El gobierno de Fisterra aprobó en solitario la ordenanza de zonas peatonales

El Partido Popular no participó en la votación y el edil de Converxencia Galega, Xan García, votó en contra. …

Ler máis
Santa Comba promueve mejoras fiscales con la modificación de varias ordenanzas

Santa Comba promueve mejoras fiscales con la modificación de varias ordenanzas

Impulsa una reducción de impuestos en el IBI y asume el protocolo de los municipios “Doing Business” para facilita…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Electrodomésticos Angel
Letras Gallegas Santa Comba 2018
Concello de Coristanco
Enova Energia
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Pirotecnia política

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Ante todo manifestar mi tremenda consternación por la explosión que se ha producido en Tuy debido a la imprudencia de un individuo que presuntamente…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

O perexil, a esencia do país

Orlando Villamayor

As persoas somos como unha esencia, somos impacientes, vulnerables, arrogantes e sobre todo pouco coherentes con nós mesmos. Basta ollar para os late…

Orlando Villamayor
Ler máis

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Xosé González Martínez

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadament…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información