7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Juan Blanco:”Cumprimos co noso programa e houbo un cambio social e na forma de traballar”

De turismo, camiños rurais, abastecemento de auga e infraestruturas falamos co alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.

Audio coa entrevista
 

P- Fitur, Xantar, parece que a valoración é boa e as perspectivas inmellorables…

R- Moi boas perspectivas. Tanto Fitur como Xantar foron un éxito. Estamos tendo iniciativas pioneiras dentro da promoción do turismo e estamos moi contentos coa acollida dos propios veciños que están investindo no sector.

P- Isto non se queda só nas visitas as feiras, tamén hai contactos para a visita de turoperadores a Mazaricos verdade?

R- En Fitur, xa pactamos con varios turoperadores e bloggers para que viñeran a Mazaricos e poder disfrutar disfrutar das gastronomía, da nosa contorna e dos produtos que lles ofrecemos, para poder facer paquetes promocionais conxuntos.

P- Unha das obras recentes que merece destacar é a que afecta ao núcleo de Lago..

R- Xa foi adxudicada. É unha obra que no proxecto inicial son 190.000 euros e no que pretendemos marcar un impase dentro do Camiño de Santiago acondicionando todo o núcleo, con depuradora, pavimentos, Este núcleo ten potencial turístico de cara a apertura de novos negocios.

P– No último pleno tamén se falou de camiños. Mazaricos ten unha rede importante de camiños é parece que a axuda da Xunta non é toda a que se necesita.

R- Nos fondos do AGADER tiñamos case 90.000 euros para estes proxectos e agora reducíronse a 33.000 euros por ano. Temos mil quilómetros de camiños. Que a Xunta mande unha nota de prensa vendendo un gran compromiso co rural, a posibilidade de asfaltar un holómetro de camiño, é facer demagoxia.

Non entendo porque a Xunta entra nesa dinámica de facer política. Foi unha pregunta feita no pleno polo portavoz do PP que pretende facer máis política externa coa marca PP que facer unha política veciñal que é a que realmente afecta ós veciños. Teñen que ver que nos orzamentos a maioría da inversión ven por parte da Deputación, e por parte da Xunta é nula ou escasa.

P- Estás satisfeito co que levas de lexislatura?

R- Estamos moi satisfeitos.A pasada fin de semana tivemos unha reunión para valorar todo o traballo que fixemos. Cumprimos co noso programa e moi pouca xente pode dicir iso. Fixemos máis cousas das que estaban no programa. O traballo estase vendo. Houbo un cambio social e na forma de traballar no concello, na de xestión e na elección de obras e de traballos.

Aquí hai un alcalde que chega as oito da mañá e que está atendendo aos veciños incluso sábado e domingos e que ten unha adicación máis que exclusiva.Temos reunións coas asociacións e visitas as parroquias. O cambio é palpable e máis que visible.

P- Queda este ano e uns meses do vindeiro antes das eleccións. Hai algún proxecto que che gustaría deixar encamiñado ou feito?

R- O abastecemento de auga é o punto clave do noso concello. A auga escasea. Pero xa podemos dicir que esta foi a lexislatura da auga.

Demos solucións a moitos problemas nas parroquias.Levamos a auga a núcleos como San Cosme que levaba vinte anos con problemas serios. De aquí ao fin do fin da lexislatura debemos deixar eses flocos deses pequenos núcleos que están con problemas e buscar un pe buscar un proxecto de futuro para garantir a auga para sempre.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos