16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Eduardo Parga:»Nós seguimos pedindo todo o que sexa necesario para Malpica»

Despois de xestionar unha depuradora, o centro médico de Buño e a gardería, o reto do goberno do PP é o Centro de Día ou similar.

P-Que balance fas do que levamos de lexislatura?

R-Un balance positivo. O noso obxectivo é poder ter todos os servizos necesarios para poder desenrolar a actividade diaria do concello e dos nosos veciños e poñer en valor os cabalos de batalla da pasada lexislatura que agora son realidade como a depuradora, o centro médico de Buño e a gardería. 

En tempos de crise a Xunta fixo un grande esforzo e lográronse case sete millóns de euros de investimento. Agora estamos buscando fórmulas para o Centro de Día e con isto poderíamos completar os servizos para fixar poboación no concello de Malpica.

P-Nesta lexislatura concretáronse investimentos que se xestionaron no mandato anterior. Na Xunta deixáronche seguir pedindo cousas? (modo retranca).

R-Nós seguimos pedindo todo o que sexa necesario para Malpica. O servizo primordial que nos falta é o Centro de Día ou o centro social. Presentamos ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey,  as instalacións da Casa do Oleiro de Buño para ver se poderían prestar eses servizos. Estamos pendentes de que o xerente do Consorcio nos faga unha visita para inspeccionar as instalacións.

P-Malpica ten tirón turístico, pero nisto non se pode baixa-la garda

R-Cada vez imos a máis. O verán ano pasado houbo moitísima xente en Malpica. Tentamos ter servizos para todos e manter o reclamo. O ano pasado botamos a andar a oficina de turismo que foi un éxito.

P-Non sei se te paraches a pensar a conta das últimas citas electorais, pero  excepto Feijóo, ser do PP e ter unha maioría absoluta é unha misión moi complexa.

R-En Malpica había máis de vinte anos que non se conseguía unha maioría absoluta e foi nuns tempos que non eran os mellores. Entendemos que fixemos cousas acordes co desexo dos veciños. Pero seguimos traballando.

Malpica está sufrindo pola pesca e polo comercio. Con respecto aos negocios temos que consumir no pobo.No caso da pesca se houbera actividade na lonxa e no porto isto daríalle vida ao propio casco urbano. Nós seguimos traballando cada día para dar solucións.

P- Sei que vostede non é o Ministro de Interior pero en Malpica fálase moito da Garda Civil nestas datas

R-A Garda Civil leva moitísimos anos en Malpica e cunhas instalacións non axeitadas. Cando chegamos ao goberno no 2011 xa había unha solicitude para unha mellora do Cuartel. Tivemos moitas xuntanzas.Teñen unhas determinadas necesidades. Queren que lle deamos unhas instalacións e fagamos o investimento. Isto require tomar uns acordos sobre os que non temos competencias e ata podería ser unha malversación de fondos públicos. Se as leis se modificación nós estamos dispostos a colaborar.A Garda Civil é necesaria en Malpica. A día de hoxe segundo a Subdelegación do Goberno non lle consta que vaia marchar aínda que si hai un problema cun local. Queremos solucionar este problema e  buscar fórmulas poñendo todos algo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos