5263 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Irma Macías:”A miña vida é impensable sen música”

Irma Macías:”A miña vida é impensable sen música”

Entrevistas | Publicada: 30/01/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 16 segundos.

Entrevista á artista soneirana Irma Macías Suárez por Xosé Manuel Lema.

P-¿Cales foron os teus primeiros pasos no mundo musical?

R-Dende nena sempre me gustaba cantar na casa pero en público as primeiras veces que cantei foi na igrexa e no colexio (as películas de Marisol e Rocío Dúrcal creo que tiveron moito que ver niso)(jajaja)

A primeira actuación máis formal, por decilo dalgún modo,foi na Casa da Cultura de Vimianzo nunha homenaxe a Teresa Mouzo Barreiro e gustou moito.Dende aquel día ese auditorio foi o escenario o que máis veces me subín e no que tanto desfrutei facendo o que máis me gusta,por iso agradezo moito tódalas veces que me convidaron.

Pouco despois empecei a cantar nas celebracións relixiosas acompañada  polo meu gran amigo Joaquín Rama coa guitarra.

P- O que está claro é que a música parece algo irrenunciable para ti.

R-Sempre dixen que a miña vida é impensable sen música...Polas noites sempre durmo cos cascos postos e na ducha, mentres fago limpeza,no traballo,no coche...sempre música de fondo!!!.De feito cando estou con catarro ou gripe e por razóns obvias non podo cantar sufro moitísimo.Necesito a música na miña vida e sempre estou cantando.

P-Dime tres artistas ou grupos favoritos...

R-Citar soamente tres para a lista de favoritos vai ser difícil...gústanme moitos estilos musicais e polo tanto tería que nomear varios artistas e grupos...

Evidentemente Luar na Lubre non pode faltar nesa lista(xa fai anos que os escoito porque me gusta moito a súa música,incluso na escola aprenderamos a tocar na frauta "O Son do Ar".. que tanto me gustaba aquela melodía!)tamén me gusta Dulce Pontes, Pastora Soler...

P- Que sensación tiveches subindo ao escenario para cantar con Luar na Lubre no concerto de Nadal?

R-Foi algo incrible, había varios factores importantes para sentir todo o que sentín;actuar no Teatro Rosalía que é impresionante,a cantidade de xente que había,todas as persoas que viñeron ata alí para apoiarme e o máis importante...estar ó lado de Luar na Lubre!!! Bieito que é xenial animoume moito porque claro está que a situación impoñía e estaba algo nerviosa pero son todos uns grandes artistas e tamén unhas grandes persoas que me fixeron sentir coma na casa entón no momento antes de saír a cantar sentín unha sensación de paz e felicidade inmensa!foi máxico!e paseino en grande colaborando nalgunha canción coa súa vocalista Belem Tajes e con Irene Cerqueiro.

P- E agora como te sintes ante ese reto de participar no disco deste gran grupo?

R-Agora mesmo teño moitas sensacións unidas... síntome un pouco asustada porque quero estar a altura da situación.,agradecida por confiar en min para este novo traballo,feliz porque é un honor colaborar con eles...en resumidas contas todo o que sinto é positivo porque colaborar con Luar na Lubre é algo grande e pido a Deus que todo saia ben.

P-Imaxínome que aínda estarás gozando desta oportunidade pero... Algún proxecto máis en mente?

R-O único que teño en mente é desfrutar do que se vai presentando e dalo todo en todo momento.

P- Cal é a paisaxe que máis che gusta de Galicia...

R-Todas as paisaxes de Galicia son fermosas, eu creo que cada lugar, a súa maneira, ten algo bonito que ofrecer pero podo decir que me encanta subir ó alto do Monte de San Bartolo,na miña parroquia de Salto porque vexo a inmensidade da que estou rodeada día a día e apréciase doutro xeito, ten unhas vistas estupendas e sintes unha gran tranquilidade alí enrriba!e outra imaxe totalmente diferente pero tamén fermosa e impresionante que me gusta moito é a que ofrece o Faro de Fisterra.

P-Por certo, volvendo á música, hai algún lugar especial no que che faría ilusión actuar?

R-Todos os lugares a onde vaia actuar fanme moitísima ilusión porque neles teño a oportunidade de ser feliz facendo o que tanto me gusta e no que tanto amor procuro poñer que é cantar.

P- Irma, por último, gustaríame agradecer públicamente a túa participación nesta entrevista e sobre todo darche moitos ánimos...

R-Grazas a tí Xosé Manuel por entrevistarme e polos teus ánimos.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

La Consellería de Educación cierra las puertas a las demandas de los padres xalleiros

La Consellería de Educación cierra las puertas a las demandas de los padres xalleiros

Las madres y padres se reúnen esta noche en el multiusos de Santa Comba(21:00h) La Consellería de Educación es t…

Ler máis
Mazaricos impulsa una modificación de las normas subsidiarias para facilitar el cambio de uso de cuadras y galpones

Mazaricos impulsa una modificación de las normas subsidiarias para facilitar el cambio de uso de cuadras y galpones

Habrá una “negociación conxunta” en el parque eólica de A Ruña// El PP lamenta que no se contara con una brigada…

Ler máis
Los Centristas de Carballo se unen a Ciudadanos

Los Centristas de Carballo se unen a Ciudadanos

Ciudadanos irrumpe en la escena política carballesa apoyado por el grupo de Manuel Andrade.   El veterano po…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Autos Xallas
RiXallas Santa Comba 2018
Gadis Super Saludables
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Putos fascistas

Daniel Lago

Estamos a ver nascer novamente a putos fascistas em toda a Europa, dentro de uma corrente mundial de neo-tradicionalismo e anti-globalização. Putos …

Daniel Lago
Ler máis

La Ley del Suicidio

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Nos anuncia el Sr. Presidente, Pedro Sánchez, una serie de medidas destinadas a aliviar las cifras de suicidio que se van disparando. España sob…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Poesía pura e limpa coma auga de manantial

Óscar de Souto

A crise artificial que sufrimos trouxo mais pobreza e mais traxedia pero no eido da poesía galega causou algún efecto positivo. Detalle importante d…

Óscar de Souto
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información