7442 fans     1645 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Coñecendo os retos da renovada asociación de veciños de San Salvador en Santa Comba

Entrevistas | Publicada: 10/12/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 9 minutos e 29 segundos.

Conversamos co presidente da asociación, David Señarís.

A asociación de veciños de San Salvador de Santa Comba acaba de renova-la súa directiva que está presidida polo mozo, David Señarís Grille, de 35 anos, natural de San Salvador, que cursou os seus estudios de administrativo en Santa Comba e na actualidade traballa en Negreira.
 
P- Cal é o obxectivo da entidade que vostede preside?
 
R-O obxectivo é darlle un novo impulso á asociación que levaba un par de anos con pouca actividade e que con savia nova e ganas de traballar imos retomar.
 
San Salvador foi sempre unha aldea de referencia no tema asociativo, así nós podemos presumir de ter un local social(antigo teleclube) moi activo e dinámico no que nos reunimos tódalas fins de semana os veciños para falar, xogar ás cartas ou ver a televisión.
 
P-Cómo empezou todo isto nunha localidade pequena como é San Salvador que agora mesmo ten dúas asociación en activo?
 
R- Somos unha aldea de pouco más de 80 casas, pero na que sempre a mocidade se caracterizou por estar moi unida. Estivemos unidos en moitas cousas pero sobor de todo en dúas: na promoción da cultura e nas tradicións. Fomos unha das primeiras asociacións do concello en organizar actos variados tanto no ámbito cultural como no deportivo e lúdico.
 
Todo isto empezou hai case corenta anos cando un grupo de mozos(que agora rondan os 55 anos) xuntábanse polo Entroido ou por Reis para facer actividades, pouco a pouco os veciños uníronse primeiro por cousas puntuais, pero despois para crear o centro cultural “O Salgueiriño”, máis tarde a asociación xuvenil “Daniel e Nós”, que estivo presidida por dúas persoas históricas e de recoñecida traxectoria divulgadora como foron Ángel Souto Mata e Xosé Manuel Recarey Negreira. Na actualidade seguen a traballar no eido cultural. Todo isto paseniñamente deu paso á asociación de vecinos que hoxe teño a honra de presidir. Foron tempos de concursos e relatos de poesía, de fotografía, participación dos rapaces en comparsas de Entroido, Cabalgata de Reis, etc…
 
Fomos creando pouco a pouco unha boa biblioteca, unha sala de televisión, unha sala de xogos, etc. Pero os mozos foron medrando e da asociación “Daniel e Nós”(aínda en activo), foron saíndo os membros da asociación de veciños, que se interesaron por recuperar muíños, arranxar camiños, mercar os terreos para unha pista polideportiva no centro do lugar, e que ultimamente están traballando para celebra-las festas patronais da parroquia, coidan os espazos de lecer, o camposanto, preocúpanse da traída de augas da parroquia e todo o relacionado co benestar dos veciños.
 
P-Cales son os retos máis inmediatos da asociación a día de hoxe? Con que axudas contades? Cales son as previsións de futuro?
 
R-Os retos máis importantes e urxentes da asociación son:
 
- Mellora-la estrada que vai de San Salvador ata Santa Comba e que é moi transitada, sobor de todo por camións, contando cun ancho moi escaso e cun firme moi deficiente e perigoso, para o que temos que falar co concello de Santa Comba para retomar un proxecto que leva paralizado moitos anos.
 
- temos que renegociar coa empresa “Canteira da Mina” os contratos que están a punto de vencer e replantexarlles a necesidade urxente de que se teñen que sentar a falar cos veciños xa.
 
- Queremos que se poñan en valor as antigas instalacións da mina (as antigas oficinas) rehabilitadas cun obradoiro e que son propiedade do concello pero que están infrautilizadas. Temos un grande potencial que explotar como pode ser a restauración dunha galería, para mostrarlle a todos como era o traballo na mina de Varilongo, na que chegaron a traballar nas mellores épocas preto de tres mil persoas, sendo o “ouro negro” ou volframio, un mineral moi codiciado e moi ben pagado e que fixo que San Salvador figurase con letras grandes nos libros de historia, aínda que hoxe pase case desapercibido.
 
Se estivésemos en Estados Unidos, toda esta riqueza sería explotada ó máximo tanto a nivel económico, como turístico ou mesmo cinematográfico. Pola contra a día de hoxe só somos coñecidos no mundo por algún traballos do grande historiador Amancio Liñares, polo libro da escritora local Carmen Blanco que leva por título “o volframio en Varilongo 1941-1963” ou por unhas escenas na película “Lobos Sucios” recentemente estreada e con moi boa crítica, que foron rodadas en San Salvador.
 
Na actualidade unha empresa inglesa está a estudar a viabilidade de abrir de novo a mina de Varilongo, pero queda aínda moito por facer por parte de tódalas administración e temos que ser conscientes do verdadeiro tesouro que posuímos.
 
En canto ás axudas que recibimos dicir que a día de hoxe a asociación de veciños só se mantén coa cota anual dos máis de 150 socios, e que tentaremos chegar ós 200 neste ano próximo.
 
As previsións de futuro son optimistas en canto a proxectos pero no eido económico son máis ben realistas e nada esperanzadoras. Por todo isto pedimos a colaboración de tódalas institucións tanto públicas como privadas. E algo no que estamos a traballar é a delimitación do monte veciñal para unha vez delimitado comezar a explotalo no apartado forestal, xa que creo que temos nas nosas mans unha grande fonte de riqueza que temos que ser quen de optimizar e rendabilizar ao máximo.
 
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Pose Verdes non se fía de Carballido e pide un pleno: ”Sabemos como as gasta e igual pasa da historia”

O portavoz de APIN, José Manuel Pose Verdes, confirmou a presentación dunha solicitude de pleno extraordinario, xunto …

Ler máis
Jasper:”Con Nao queríamos chegar ao máis alto e parar”

//Xosé Manuel Lema// O vindeiro luns 7 de decembro sae á venda o agardado DVD de Nao “Adeus e Grazas”. Un DVD q…

Ler máis
David Barbeira:“É imposible buscar un consenso cos edís do Partido Socialista, aínda con causas xustificadas”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, quere aclarar que o cambio do último pleno ordinario debeuse a unha causa tot…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Autos Xallas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

En el

En el "Castro de Dor" con Rafael Lema

"Río das Meigas"

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales se compromete a asistir a la Copa da Costa

Los amos del progresismo

Álvaro Rodríguez

El grupo PRISA  es el medio de comunicación  “progresista” de España. Desde él se defiende la visión denominada vulgarmente  “socialista…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

El Despotismo del Siglo XXI, ni divino, ni ilustrado

José Manuel Palacín Y Rodríguez

El XVIII es el denominado Siglo de las Luces. Existe una concomitancia entre los historiadores al considerarlo como la más próspera de las centurias…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Políticos mediocres, dirigentes excelentes

Álvaro Rodríguez

El miedo se ha instalado,  como querían que sucediera, en la sociedad.  La sensación de pesimismo y derrota de la sociedad es evidente.  Y los an…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
Coñecendo os retos da renovada asociación de veciños de San Salvador en Santa Comba | Entrevistas | Adiante Galicia