14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Juan Blanco:“Cadaquén elixe a súa maneira de gobernar e de facer oposición”

Segunda parte da entrevista co alcalde de Mazaricos, Juan Blanco. Nesta parte falamos da ruta xacobea, do CMAT, do asociacionismo, do papel da oposición e da Semana Gandeira.

Entrevista a Juan Blanco-Primeira parte

P-Imaxino que será un contraste grande cando ven un veciño e non se lle pode dar unha solución a cando é o contrario.

R-Sí sobre todo a nivel persoal.Intentamos buscar solucións con toda a implicación posible pola nosa parte.

P-Que agarda do Camiño de Santiago?

R-O Camiño de Santiago é unha ferramenta de futuro. Estanse abrindo negocios e é unha promoción directa porque por aquí pasan 40.000 persoas sen necesidade de facer publicidade.

A Picota, que é un sitio que está fora, nestes últimos dous anos medrou polo camiño. Temos moito turismo por explotar pero o camiño é unha ferramenta moi útil.

P-Non ten moito tempo e por riba asume a presidencia da C.M.A.T.?

R-Era rotatoria e tocoume.Penso que é tamén unha ferramenta beneficiosa para os concellos. Entendo a dificultade dos concellos para integrarse nunha nova entidade e a carencia de fondos que hai. Tiña que haber unha xestión profesional de cara o futuro, e ese ten que ser o noso obxectivo.

P-Hai agora máis activismo social ou é que se promociona máis?

R-Hai moitísima xente no noso concello con moitas inquietudes que ao mellor non vían un canal para administralas. Nós o que fixemos foi dar esa posibilidade.

Os gandeiros deron un paso adiante, porque viron que tiñan respaldo pola nosa parte.

Hai outras asociacións cabalares ou Eu Son Mazaricos, que son xente que xa estaba aquí e que segue tendo esa paixón polo noso concello. Nós demos un apoio inicial pero o traballo é deles. Hai entidades que xa existían como as Amas de Casa, Xuventude de Coiro, etc e nós intentamos apoiar.

P-Bota en falta non ter outro tipo de oposición no concello?

R-Nós facemos o noso traballo. Desde o meu punto de vista a oposición presenta o seu proxecto para as eleccións e despois non debería de ser oposición senón colaboración. Debe intentar axudar en todo o posible e estar en contacto cos veciños. Eu estiven oito anos na oposición.En función do traballo nas próximas eleccións os veciños decidirán que proxecto debe de seguir.Pero non son eu quen lles diga o que teñen que facer.

PXa, pero vostede no último pleno recriminoulle ao PP que non fan unha oposición construtiva

R-Penso que a oposición está para facer unha política construtiva. Eu son un veciño máis que quero que o concello medre.Se a oposición presenta unha proposta válida non teño inconveniente en apoiala, axudala e incluso recoñecer que se fixo grazas a eles.

Pero si vimos cada dous meses a increpar ou só a queixarnos non a comparto.Pero cadaquén elixe a súa maneira de gobernar e de facer oposición.

P-En breve teremos a Semana Gandeira.

R-A Semana Gandeira é un punto clave porque estamos orgullosos do que somos.Lévase a cabo polo esforzo do persoal do concello e da asociación de Gandeiros. No concello Xoán Ramón Alvite é a persoa que leva o peso en conxunto coa asociación de Gandeiros, e xa levan meses traballando varios meses.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos