5.5 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Serxio Domínguez:”O partido hai que xogalo e imos saír ao ataque”

Entrevista a Serxio Domínguez Louro. Responsable do BNG na Costa da Morte.

@xmlema

O BNG agarda poder conservar o deputado provincial da Costa da Morte, manter as alcaldías de Carnota e Zas, gañar en Corcubión e mellorar no resto dos concellos da bisbarra. Na Ponte do Porto quedei co coordinador do BNG na comarca, Serxio Domínguez Louro, para falar sobre o traballo da organización que representa nesta zona. A conversa foi longa e decidimos dividir a entrevista en dúas partes. Nesta parte falaremos de tódolos municipios da  bisbarra a excepción do concello de Cee, onde Serxio Domínguez é concelleiro. A segunda parte versará exclusivamente sobre Cee.

P- Na actualidade o BNG ten dúas alcaldías na Costa da Morte, Zas e Carnota. Ese é modelo que quere o Bloque?

R- Pódese dicir que si. Estou orgulloso das dúas alcaldías. En Zas xa temos un goberno asentado e cunha liña clara . Con cartos no banco que o goberno central non lles deixa gastar e con políticas sociais, como por exemplo, as axudas para os estudantes.

A Carnota hai que darlle tempo. Moncho Noceda chegou nun momento moi delicado. Encontraron un concello cunha débeda moi importante. Estaba a punto de ser intervido polo goberno. Os números estanlle dando a razón a súa xestión e os veciños confiaron nel para seguir gobernando. Nunha lexislatura máis Carnota acabará sendo unha referencia na comarca.

P-Tamén temos unha experiencia de bipartito. Neste caso en Fisterra, onde o BNG goberna en coalición co PSOE.

R -Estou moi contento porque o traballo de Kuka Sar e Tereixa Fernández é inmenso. A área de cultura está sendo unha referencia en toda a comarca. E Kuka está dando unha lección de que se pode ir a política a traballar. El é un home curtido en mil batallas e que demostra que con constancia e perseveranza se conseguen as cousas. 

Esperamos que as eleccións referenden ese bo traballo, que está cheo tamén de de pedras no camiño. Non é fácil ser valente e tomar decisións. O que está a pasar coa peonalización non deixou de pasar en Pontevedra, Carballo ou en Allariz, e hoxe son referencia en todo.

P-Hai tamén un caso que chama a atención. O de Vimianzo, onde pasaron de ter un goberno con maioría absoluta a quedar fora da corporación. Como se está vivindo esa situación e cales son as perspectivas de futuro?

R-Foi un trago amargo.Cando eu entrei como coordinador xa había un certo distanciamento entre o que era Vimianzo e nós.Foi unha relación cordial.Penso que  puidemos entendernos máis, pero viña a cousa enquistada de atrás.

Tomaron a decisión de abandonar o BNG e houbo que respectar a decisión. Foi unha pena porque Vimianzo custou anos e anos de picar pedra para conseguir entrar nese pequeno feudo que tiña Alejandro. Foi un traballo deles como persoas e como militantes pero o BNG sempre estivo aí apoiándoos. 

Non foi unha decisión fácil para eles e houbo debate. É unha situación complicada pero o BNG ten vida propia e seguimos tendo compañeiros que non marcharon e acercouse xente nova. Imos a tentar presentar candidatura. Pero o proxecto é a longo prazo e queremos facer as cousas serias.

P-En 2015 o Bloque non se presentou en Dumbría

R-En 2015 estivemos a punto de conseguilo pero por problemas de saúde da persoa que tíñamos apalabrada non se fixo.Non queremos facer as cousas dun xeito chapuceiro. Imos tentar presentar tamén lista.   

P-En Camariñas e Muxía teñen representación en concellos gobernados con maioría absoluta.

R-O caso de Ilva é moi particular, porque ven de perder ao seu pai e ven de pasar máis dun ano fastidiada.Estivo moi limitada politicamente. Agora volverá. Detrás dela hai xente moi interesante e están cheos de futuro. En Camariñas podemos dar un avance e seguir medrando.

O caso de Muxía é diferente.Carlos Concheiro está facendo un traballo moi bo pero a maioría absolutísima de Félix Porto eclipsa todo o traballo que se fai.

Carlos Concheiro lanzou fai anos a idea de recuperar o sentido da romaría da Festa da Barca e a sorpresa foi que Félix Porto falaba nos mesmos termos este ano antes de empezar a Barca. A súa ideal serviu de algo.

Outro exemplo é que con estes cartos que chegaron dos eólicos, Félix Porto e o goberno parece que vai a facer unha gardería. Vaise facer na parte baixa do centro de usos múltiples, onde dixera o BNG. Carlos é a persoa máis preparada do BNG na Costa da Morte. Está facendo un traballo bo nun sitio complicado. Houbo sitios onde a división do nacionalismo fixo dano. A “vella escola” non está no BNG e a organización reséntese.

P-Corcubión ten un especial simbolismo para a comarca e para o BNG. De gobernar durante anos a ser oposición.

R-Aínda se fala do alcalde de Corcubión referíndose a Rafael Mouzo. Foi un bastión noso durante anos. Con tódalas dificultades que tivemos quedamos a 36 votos da alcaldía. Estamos a traballar con esperanza. Despois dun liderado tan forte sempre chega unha época de semioscuridade. E tamén pasou en Corcubión. 

Estamos nunha época de transición e chegarán actores novos. Pepe Ansede e Rafa Mouzo son actores de toda a vida, do vello Hollywood. Imos facer unha candidatura con xente capaz e válida e creo que imos a recuperar ese concello tan mítico e representativo para nós.

P-De tódolos xeitos vai a resultar complicado manter o deputado no partido xudicial de Corcubión?

R-Pode parecer complicado.Pero se somos quen de presentar listas en Vimianzo e Dumbría son votos que recuperaríamos. Depende de moitas variables e tamén do que faga o PP.

O PP agora di que vai recuperar o peso perdido. Pero o que non se pode é desaparecer da escena, como pasa no concello de Cee, cando tes a maioría no pleno, e volver dous anos despois. Na rúa hai que estar sempre. Estou convencido de que o PP non vai a mellorar os resultados de fai catro anos. Non está dando imaxe de mellorar. O mellor que podería facer para este estado sería desaparecer e dar un volco. Non deixa de ser un partido podre.

Manter o deputado non vai a ser fácil pero confío plenamente en que nas nosas alcaldías non se dea un paso atrás, e que na tenencia de alcaldía de Fisterra sigamos medrando. Tamén confío que sigamos dando pasos cara adiante en Vimianzo, Dumbría, e penso que en Muxía e Camariñas imos a mellorar, e en Corcubión tamén. O partido hai que xogalo e imos saír ao ataque. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos