14.7 C
Santa Comba
domingo, julio 14, 2024

Gonzalo Caballero:”O noso posible diálogo está no ámbito da esquerda”

Adiante Galicia falou co candidato á secretaría xeral do Partido Socialista de Galicia, Gonzalo Caballero.

P-Dos tres candidatos vostede é o único que representa en realidade a renovación do PSdeG?

R- O PSdeG necesita abrir unha etapa de renovación e plantexamos unha candidatura que asuma a necesidade de renovación do proxecto, dos referentes políticos e das liñas de acción política do partido.

Os militantes xulgarán cal é a posición que ten cada unha das candidaturas en relación á renovación do proxecto. Plantexamos unha rexeneración real da organización e abrir un novo tempo político para construír un novo PsdeG que rache coas sinerxias negativas do pasado e coas solucións parciais que fomos adoptando desde que no ano 2009 perdemos o goberno da Xunta, e que non permitiron a revitalización electoral.

P-Despois de todos estes días de xuntanzas, cruces de mensaxes e incluso un debate, pensa que vai a ser o gañador?

R-Constatamos a nosa boa impresión porque pensamos que hai unha forza de cambio na militancia de Galicia, que pode abrir un novo tempo. Percibimos moi boas vibracións e moita ilusión entorno a este proxecto.

P- Bota algo en falta neste proceso de primarias?

R-O máis importante é a participación dos militantes. Hai distintas opcións e son unhas primarias competitivas e corresponde seguir co esforzo de mobilización da militancia e optar por un cambio na organización. Senón estaremos desconectando cunha cidadanía de esquerdas que nos pide unha nova etpa.

P-Vostede aposta por un partido máis galeguista. Isto supón defender un partido máis autónomo de Madrid?

R-A próxima dirección galega ten que ter unha sintonía coa dirección federal que lidera Pedro SÁNchez, pero o proxecto ten que ser galego e galeguista e polo tanto ten que ter un compoñente autónomo. Os socialistas temos que acadar unha solución política en Galicia, desde Galicia e para Galicia.Temos que ter as nosas marxes acordes coa estrutura federal do partido.

P-Outra das súas liñas é o entendemento coas forzas de esquerda. Cree que deberían promoverse pactos de goberno nas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago?

R-Agora o que nos toca é reconstruír o noso proxecto e a organización. Temos capacidade de diálogo e de goberno e o noso posible diálogo está no ámbito da esquerda. Pero agora temos que centrarnos en establecer bos cimentos e logo en cada convocatoria electoral haberá que establecer as estratexias de coalición electoral coas distintas forzas. Agora toca reforzar o músculo político da nosa organización.

P- Por último. Que lle diría ós militantes socialistas que lean esta entrevista?

R-Estas primarias son unha oportunidade para que o socialismo galego entre nun novo ciclo político, e resulta moi importante acertar na folla de ruta que marquemos para o próximo tempo. Os socialistas galegos tremos a responsabilidade de conseguir conectar cunha maioría social de progreso que está esperando un PSdeG novo, fortalecido e revitalizado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos