4 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

“Necesitamos trasladar ideas innovadoras e resolver os problemas da xente”

Entrevista a Xoaquín Fernández Leiceaga para Adiante Galicia.

Falamos con Xoaquín Fernández Leiceaga o mesmo día que visitaba ás agrupacións locais de Ponteceso, Malpica, Carballo e Camariñas. O aspirante á secretaría xeral pensa que o partido ten que organizarse e “definir unha política única para o conxunto de Galicia”.

P-Como está sendo a súa rolda de visitas as agrupacións locais de toda Galicia?

R-Estoume encontrando a xente que xa coñecía doutras campañas e que ten unha actitude moi produtiva, coas propostas de pór en marcha o partido e de construír unha alternativa progresista ao Partido Popular

P-Que lle falta ao PSdeG para ser ese partido que vostede quere?

R-Primeiro fortalecerse como organización e definir unha política única para o conxunto de Galicia que poida ter atractivo para amplos sectores da sociedade. Temos que ser capaces de modernizar e poñer ao día o noso proxecto que é progresista, factible e de goberno.

P-Ao mellor máis que os galegos non acolleran a mensaxe do PSdeG foi máis ben que non se soubo trasladar…

R-Non o soubemos trasladar ben pero o que trasladamos foi demasiado ruído interno e agora o que necesitamos é trasladar ideas innovadoras e resolver os problemas da xente. Temos que centrarnos nisto último.

Leiceaga en Camariñas este venres 1 de setembro

P- Como están os militantes?

R-Atopo unha militancia expectante. Tivemos un proceso en España que rematou coa elección de Pedro Sánchez e agora o que esperan é que fagamos o mesmo en Galicia, que poñamos en orde o partido e empezamos a funcionar pensando nas eleccións municipais que é o grande reto que temos por diante.

PConfía en que non haxa ningún tipo de interferencia por parte de órganos do partido.

R-Penso que non a vai a haber.Debe ser un proceso de xogo limpo e hai que deixar ós militantes que decidan libremente e espero sexa así.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos