6.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Félix Porto acepta organizar as Festas da Barca se Sandra Vilela colabora cobrando os postos

Félix Porto:“Xa que di que é legal que cobre co seu nome os postos e o resto o faremos desde o grupo de goberno”

O alcalde quere que Sandra Vilela colabore

O alcalde de Muxía, Félix Porto, asegurou que “aceptaba o reto” da voceira do Partido Popular, Sandra Vilela, de organizar a festa da Virxe da Barca e incluso asegura que lle parece “moi boa idea” e só pon unha condición:

“O goberno municipal organiza a Festa e ela o único que ten que facer é cobrarlle co seu nome aos postos que se poñen na Barca e eses cartos van para pagar o que ela queira da Festa da Barca”.

Porto Serantes insiste en que “xa que ela di que é legal o cobro”, so ten que colaborar “cobrando e dando eses recibos de que cobrou aos chiringuitos da zona portuaria” que o resto “automaticamente” correrá por conta do executivo local. “Só ten que dedicarlle dous días a esa xestión -precisou o rexedor- pero con todo transparente como se fan as cousas no concello de Muxía”.

Félix Porto:“A ver quen minte, coma sempre ela”

Félix Porto tamén quixo aclarar que ao longo de todos estes anos “desde o concello non se estivo nunca mirando para outro lado” e asegurou que “houbo xente que chamou para interesarse” pola organización da popular romaría.

Para o alcalde de Muxía, Sandra Vilela “mete a pata” e dixo que co seu ofrecemento coñecersae a verdade: “A ver quen minte, coma sempre ela” declarou o rexedor a Adiante Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos