9.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

“Os clientes de E.nova Enerxía teñen o aforro asegurado»

E.nova Enerxía é unha comercializadora eléctrica galega que está asentándose no noso mercado grazas á súa aposta pola transparencia e a atención personalizada, e polos seus prezos competitivos cunha interesante garantía de aforro por contrato. Conversamos con Darío Tojeiro, socio fundador e xerente da empresa, para coñecer un pouco máis sobre este proxecto.

P- Cando e como xurdiu E.nova Enerxía?

R-E.nova Enerxía xurde no 2014. Somos un equipo multidisciplinar. Cada un de nós estabamos a traballar en diferentes proxectos relacionados co mundo da enerxía e vimos que existía unha oportunidade coa liberalización do mercado eléctrico. 

Estaban a xurdir pequenas comercializadoras para cubrir o oco que existía no mercado que se repartían as cinco grandes eléctricas. Había unha situación de oligopolio con prezos altísimos, e nós podíamos ofrecer uns prezos máis competitivos, máis xustos e máis transparentes para o consumidor.

P- A que consumidores vos dirixides?

R– Fundamentalmente ás empresas, xa que os pequenos consumidores domésticos poden acollerse a unha tarifa regulada polo goberno con condicións bastante vantaxosas. Sen embargo as PeMes, comercio, hostalería, teñen uns prezos altísimos e quixemos focalizar neste segmento, para poder dar unha atención personalizada.

P- Ademais do aforro, tamén deseñades un estudo personalizado para cada cliente, sen ningún tipo de ataduras de permanencia. E así?

R-Si. Este tipo de negocios teñen na maior parte dos casos tarifas moi altas, porque as compañías obteñen marxes de beneficio moi grandes. Podemos reducir esas tarifas sen que vaia en detrimento da calidade do servizo. O feito de ter unha carteira de clientes máis segmentada permítenos seguir dando unha atención personalizada. En E.nova Enerxía hai un trato directo entre nós e o cliente.

P- E.nova Enerxía garante o aforro por contrato…

R-Efectivamente. Os nosos contratos teñen o aforro garantido porque pasado un ano imos comparar o que pagaron con nós todo ese tempo que levan, co que tiveran pagado coa compañía anterior. Senón houbo un aforro descontaríamos esa diferenza na seguinte factura. Nunca van pagar de máis.

Nós estudamos cada caso para ver que tipo de tarifa lle convén máis ao cliente. Facemos un estudo personalizado sen custo ningún.

P- Podemos concluír que hai moitas empresas que están pagando de máis por non optimizar o seu consumo e a súa tarifa?

R-Correcto. Atopámonos con clientes que viñan de situacións “sangrantes” que chegan obter con nós aforros dun 40% e ata un 50% nalgúns casos, por non ter optimizadas as potencias que tiñan contratadas ou as tarifas, ou ter uns prezos que viñan herdados de fai cinco ou seis anos sen revisar.

P- Ata que punto chega a vosa transparencia?

R-Nos nosos contratos apostamos pola tarifa indexada, na que o prezo da enerxía vén dada polo prezo do mercado eléctrico, máis unha pequena marxe de beneficio que está estipulada no contrato. Cada cliente pode saber canto estamos a gañar nós con ese contrato. Somos totalmente transparentes. Nas tarifas tradicionais o cliente non sabe canto custa a enerxía e cal é o beneficio da compañía comercializadora.

P-Como está sendo a implantación de E.nova Enerxía?

R-Moi satisfactoria. Estamos a ter un bo ritmo de crecemento, sobre todo en Galicia, mais tamén noutros territorios, como Catalunya. Igualmente estamos a atopar boa resposta en sectores particulares, como o agrogandeiro. Agora apostamos por darnos a coñecer cunha campaña a través de medios web, redes sociais e medios locais que agardamos teña repercusión.

P- Esta empresa ten esencia galega…

R-A empresa é cen por cen galega, con capital galego e coa sede en Santiago. Polo tanto é un motivo máis para que os galegos contraten con E.nova Enerxía.

Para contactar con E.nova Enerxía:

Teléfono 900 834 473

 Correo electrónico contacto@enova-enerxia.gal  

Web  www.enova-enerxia.gal

Ou tamén a través das redes sociais

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos