10.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

Francisco Nogueiras:”O que loitou tivo a súa compensación»

Entrevista a Francisco Nogueiras Marra, empresario galego afincado en Suíza.

Xosé Manuel Lema

Francisco Nogueiras Marra é un deses galegos que se curtiu na emigración. Marchou para Suíza “sen oficio nin preparación” e hoxe é un empresario ao borde da xubilación  que reside en Zurich e dirixe unha empresa de servizos con 32 traballadores. Militante comprometido co BNG conversou con Adiante Galicia.

PFrancisco, como chegou a Suíza e como foron as cousas neste país.

R-Eu cheguei a Suíza en setembro do ano 1970. Foi tremendamente difícil porque nunca saíra de Galicia. Eramos moitos na estación, nun tren de becerros de madeira. Coller o tren en Hendaya para cruzar a Francia foi como mirar outro mundo. Pero antes de pasar a fronteira recordo un control sanitario de baixeza humana, en fila e espidos de cintura para arriba. Despois chegamos a Lausanne, onde nos puxeron nunha barraca de madeira. Foi tremendo estar nunha habitación con outras catro persoas para alguén que nunca falara castelán.

P-Persoalmente a vostede non lle foi mal…

R-Neste país nunca me foi mal. Desde un principio a miña meta foi a superación, porque saín do pobo case analfabeto, sen oficio nin preparación. Foi unha loita diaria, cada minuto e cada hora. Penso que o que loitou tivo a súa compensación. Loita e vencerás.

P-Está Suíza nun momento bo no eido laboral e económico?

R-No eido laboral e económico en Suíza tamén hai crise, pero  a visión dos políticos é distinta. España está a anos luz dun sistema europeo e máis lonxe aínda de Suíza. En España, o empresario non motiva ao traballador. Non hai filosofía empresarial.

P-Como se ve Galicia desde Suíza?

R-Eu vexo a Galicia atrasada e corrupta, cuns políticos sen outra ideoloxía que a de encher o peto. Somos xente pobre dun país rico, sen políticos con pelotas e decentes. Miremos Angrois e veremos o que temos.

P-Que deberíamos de copiar en España de Suíza?

R-Primeiro a decencia e segundo a visión de futuro. Deberíamos recuperar ós nosos investigadores e docentes.En Suíza móntanse as industrias onde teñen auga e electricidade, e en Galicia e España isto non se ten en conta.

P-Vostede é unha persoa preocupada por Galicia e creo que incluso chegou a participar na actividade política. Segue vinculado a actividade política? 

R-Eu procedo dunha familia republicana. Meu avó foi concelleiro en Xinzo de Limia entre 1933 e 1936. Foi repudiado e maltratado, arruinado polo franquismo e os fascistas. Ao meu avó aplicóuselle a vinganza por ser un persoeiro para a historia, un gran empresario na emigración americana. Está entre os cen españois eminentes nos Estados Unidos do século XX.

Eu non podería estar desvinculado da política. Lévoa dentro. Son militante do BNG. Tentei apartarme e cheguei a pedir a baixa do Bloque pero non foi posíbel porque levo ao BNG no corazón. Agora ao borde da xubilación, seguirei na política coma ca empresa. Dúas razóns para unha vida.

P-Cal é o seu recuncho preferido de Galicia?

R-O meu recuncho segue sendo A Limia. A vida non tería sentido sen esa paixón pola terra que nos viu nacer. O meu pobo, Lamas, onde xoguei e fun a escola rural, onde están enterrados os nosos antepasados. Onde vive unha muller con 92 anos, uns irmáns, o meu fillo, e dúas netas preciosas.

AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos