6508 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Conversa co alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín

Conversa co alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín

Entrevistas | Publicada: 13/02/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 8 minutos e 32 segundos.

//Xosé Manuel Lema//

Acompañados pola fina choiva chegamos ao concello de Zas. Non fai moitos días que asistira a un pleno neste municipio

Hoxe tocaba a primeira entrevista con Lolo Muíño(BNG) para Adiante Galicia. Xa falara con el en distintas ocasións para outros medios de comunicación.Puntualidade de agradecer e unha conversa que a continuación publicamos.

P-Que balance fas do que levamos de mandato?

R-O balance é positivo. Estivemos con bastantes obras que acaban de rematar, moitas delas grazas ao PAS da Deputación, como foi a reforma integral de centros nas parroquias, do auditorio de Zas e do auditorio do polideportivo de Baio. 

Despois tamén fixemos investimentos en estradas e en parques infantís.Houbo un grande esforzo inversor sobre todo polo apoio da Deputación.

P-Parece que o apoio da Deputación mellorou con respecto a anterior lexislatura.

R-Sí. Tanto o PSOE como nomeadamente o Bloque tíñamos unha idea do que debía ser a Deputación. Precisamente ese Plan Único permite aos concellos maior autonomía e non estar tutelados. O PP di que iso supón unha perda de peso da Deputación. Pero en favor dos concellos que é o que nós queríamos.

P-O concello de Zas ten sona de ser aforrador

R-Non se trata de ser aforrador. Trátase de sentido común e de ter unha determinada saúde económica. Queremos ter un equilibrio, non deber nada e ter liquidez para facer obras. O Ministerio de Facenda é o que nos fai ser aforradores. Impídenos utilizar os remanentes,  teñen a regra de gasto, etc..

P-Cantos anos levamos falando da necesidade dun novo pacto local...

R- Si. Sobre todo no tema do financiamento. Non se poñen de acordo porque ao goberno central non lle interesa porque é unha perda de poder tutelar aos concellos por parte deles. 

E a Xunta tampouco lle interesa. Porque fai leis como a modificación da Lei do Solo, e cárganos a responsabilidade ós concellos.A Xunta síguelle interesando repartir as prebendas segundo a cor política de cadaquén.

P-Consideras que tes unha oposición demasiado dura.

R-Estase tomando unha deriva que ata o momento é novedosa no concello de Zas.Consideramos que a oposición deben de servir para mellorar a acción de goberno e criticar ao goberno naquelas áreas onde non o está facendo ben.

Non sei se o que pretenden é entorpecer á propia administración, con denuncias que non van a ningún lado como a que acaba de arquivar a Valedora do Pobo. Non opino si é dura o branda, pero si novedosa.

P-Pero supoño que non será cómodo que o acusen a un de ocultar información.

R-Non é cómodo pero cada un actúa como quere.  O outro día acúsame de mentir no pleno cando eu teño a comunicación do Valedor do Pobo. Os feitos están aí.

Dinme que oculto información cando el non ven a vela coma calquera concelleiro. Eu non oculto información a ninguén. E ata lle deixei que contestase na quenda de preguntas. Debe de ser algo inédito que non pasa en ningún concello.

Pero pode dicir o que queira porque eu sei que non é verdade e todos os veciños teñen acceso á información.

P-Cales son as actuacións prioritarias do teu goberno para esta lexislatura?

R-Hai dúas prioritarias. facer unha praza en Baio para que se poidan desenvolver as actividades que se organizan alí, xa que é unha poboación con bastante movemento cultural e asociativo que carece dun espazo.

Outra prioridade é o Tanatorio de Zas. E polo demais, seguir como ata agora con melloras en determinadas estradas e levando o alcantarillado a parroquias que aínda non o teñen. Temos 96 lugares e cando eu cheguei contábanse cos dedos dunha man os lugares que tiñan saneamento e agora xa temos parroquias totalmente saneadas.

P-Que lle parece a reivindicación do camiño xacobeo por Brandomil?

R-Ese paso de peregrinos serve para mellorar unha parte do noso concello e non vai en contra de ninguén. Paréceme moi ben. Nós tentamos que a promoción concello sexa “un todo”. Esta fin de semana había un trail con 390 persoas que coñecían unha parte importante do concello. Destacaban a grande cantidade de carballeiras que tíñamos. A maioría eran de fora da Costa da Morte e iso tamén fai promoción do concello. E o camiño é unha ferramenta máis.

P-Como serán os orzamentos que estades preparando?

R-A lei de medidas do Ministerio de Facenda coarta o orzamento e case o tes que facer moi similar ao anterior. Nós tiñámolo prorrogado. Temos que incorporar todas esas restricións. E non tes unha gran cantidade de cartos para destinar a obras. 

Máis alá do que che da a Deputación, que nos permite facer actuacións necesarias. O novo orzamento será continuista polas medidas esas e tamén pola acción de goberno. Seguimos apostando polos servizos sociais. Aínda que digan o contrario nós non vemos que a crise rematara. 

Mantemos un porcentaxe de becas sobre o orzamento que debe ser o maior da comarca. Tamén queremos manter as estradas e as pistas en bo estado. 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

//Xosé Abelenda//Xosé Manuel Lema// Alejandra Plaza, é xornalista, escritora e presidenta de embaixada.gal. Precis…

Ler máis
Se confirman alrededor de una veintena de casos positivos de coronavirus en Santa Comba

Se confirman alrededor de una veintena de casos positivos de coronavirus en Santa Comba

AUDIO- Intervención de David Barbeira en Radio Xallas   El alcalde de Santa Comba, David Barbeira, volvió a…

Ler máis
Coronavirus Galicia: 3.476 casos de persoas infectadas e 79 persoas falecidas

Coronavirus Galicia: 3.476 casos de persoas infectadas e 79 persoas falecidas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de c…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información