7442 fans     1645 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Natalia Lema:“Os nosos avós son uns auténticos heroes"

Entrevistas | Publicada: 10/12/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 21 segundos.

//Xosé Manuel Lema// Natalia Lema Otero é unha inqueda escritora e artista. Estudante e tamén colaboradora de Adiante Galicia e de Anosacosta. Polo tanto para nós non é unha descoñecida.

Xusto o día que cumpre 17 anos atendeu esta invitación de Adiante Galicia para falar da súa “Ópera prima·, o libro “Baos” que se presentará o vindeiro venres en Baíñas(Restaurante O Cabral. 9 da noite) e o domingo 18 en Mazaricos(Casa da Cultura da Picota, 5 do serán). Esta foi a conversa con Natalia.

P-Como xurdiu a idea de publicar este libro Natalia?

R-A idea de escribir este libro xurdiu das anotacións do meu caderno que escribía todas as noites despois de vir das clases. Levaba un tempo escribindo sobre outra temática pero non sentía verdadeira idiosincrasia con isto polo que a idea dos Baos empezou a xermolar na miña cabeza. Dende sempre me sorprendeu que ninguén escribira sobre os Baos nun formato que non fose o xornal. Baos foi un impulso pero quizais sexa unha das cousas máis persoais que escribín ata o de agora, cun simbolismo moi importante para min.

P-Co que escoitaches e co que liches, que sensación che queda a ti do que aconteceu fai 50 anos?

R-Quédame a sensación de que os Baos é unha parte primordial das nosas raíces, algo que non deberíamos esquecer. Os nosos avós foron uns loitadores, uns auténticos galegos, unhas persoas que tiveron que coller as maletas e marchar con valentía e dignidade.Empezar unha nova vida dende cero non é sinxelo e máis naqueles tempos. 

Os Baos son un vínculo de unión entre as xentes de Mazaricos, Vimianzo, Zas e Dumbría. Os nosos avós son uns auténticos heroes pola súa fortaleza ante a adversidade.

P-Que nos podes contar deste libro?

R-Deste libro pódovos contar que é un auténtico tributo a todos os dos Baos. Con Lela e Emiliano pretendo contar unha mínima parte da esencia do pobo, describir o encanto que ten, falar dos bailes dos Baos e ata da malla do trigo. Seguramente faltáronme moitas cousas pero non a forza de querer plasmar en papel os sentimentos que despois de 50 anos aínda perduran en todos os nativos do lugar.

Escribín un libro curto, sobrio e sen excesivas florituras que tanto o puidese ler un neno como un adulto, con ficción e con recordos aos que tiven acceso grazas a transmisión oral.

Os poemas que se encontran ao principio de cada capítulo pretenden ser anticipos ao capítulo ou mesmo sínteses , porque a poesía é unha parte moi importante para min.

P-A verdade é que aínda non se presentou e xa está creando moita expectación?

R-Efectivamente, aínda que non se presentou superou por moito as miñas expectativas. Sinceramente escribín o libro para a miña familia pero ao momento xurdiu o interese por toda a contorna. Non teño máis que palabras de agradecemento a tódalas persoas que se interesaron por "Baos", por todas as mensaxes e felicitacións, polo interese xerado.  

A verdadeira gratificación é ver a persoas de tódalas idades lendo o libro, falando sobre o tema, volvendo por uns instantes a ver coma Lela ós loureiros dos Baos. Teño que agradecer especialmente aos meus veciños, as asociacións -Baiñas no Camiño e a Asociación os Campelos, así coma os integrantes e a Rafael Lema e Fidel Roget

Así mesmo agradecerlle ao Concello de Mazaricos por convidarme á súa terra. Por último a Ramón, o meu editor, que a editorial valenciana publique por primeira vez un libro en galego na súa colección xa non é unha utopía.

En verdade non teño máis que palabras de agradecemento. Ademais chegoume unha mensaxe do País Vasco, un lector contándome unha situación producida por un encoro moi similar que en verdade me emocionou. Grazas en verdade.

P-Por último, vemos que “Baos” ten un significado especial pero seguro que estás traballando en máis proxectos verdade?

R-Así é, aínda teño bastantes cousas abertas. Con Matilde Páramo continuo recompilando poemas para futuros proxectos. Ademais aínda está pendente a portada do segundo libro de José Antonio Siles Arroyo, un dos retos máis  ambiciosos ata o de momento. Hai moitas outras cousas pero aínda non están cerradas.

Artigo de Rafael Lema sobre "Os Baos". Pincha Aquí

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Pose Verdes non se fía de Carballido e pide un pleno: ”Sabemos como as gasta e igual pasa da historia”

O portavoz de APIN, José Manuel Pose Verdes, confirmou a presentación dunha solicitude de pleno extraordinario, xunto …

Ler máis
Jasper:”Con Nao queríamos chegar ao máis alto e parar”

//Xosé Manuel Lema// O vindeiro luns 7 de decembro sae á venda o agardado DVD de Nao “Adeus e Grazas”. Un DVD q…

Ler máis
David Barbeira:“É imposible buscar un consenso cos edís do Partido Socialista, aínda con causas xustificadas”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, quere aclarar que o cambio do último pleno ordinario debeuse a unha causa tot…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Autos Xallas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

En el

En el "Castro de Dor" con Rafael Lema

"Río das Meigas"

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales se compromete a asistir a la Copa da Costa

Los amos del progresismo

Álvaro Rodríguez

El grupo PRISA  es el medio de comunicación  “progresista” de España. Desde él se defiende la visión denominada vulgarmente  “socialista…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

El Despotismo del Siglo XXI, ni divino, ni ilustrado

José Manuel Palacín Y Rodríguez

El XVIII es el denominado Siglo de las Luces. Existe una concomitancia entre los historiadores al considerarlo como la más próspera de las centurias…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Políticos mediocres, dirigentes excelentes

Álvaro Rodríguez

El miedo se ha instalado,  como querían que sucediera, en la sociedad.  La sensación de pesimismo y derrota de la sociedad es evidente.  Y los an…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
Natalia Lema:“Os nosos avós son uns auténticos heroes" | Entrevistas | Adiante Galicia