2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Xoán Bascuas pide unha oportunidade para Compromiso

//Entrevista no Adiante Galicia//

Xoán Bascuas é o candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta de Galicia. Propón un cambio sereno, sobre os alicerces do galeguismo, o progresismo e a socialdemocracia. É optimista de cara ao 25S, pola receptividade que encontra nas rúas. E se hai algo certo é que Bascuas desenvolveu nos últimos meses unha intensa axenda de visitas, xuntanzas e moitas propostas.

P-Ti estás convencido de que con máis autogoberno podería solucionarse un problema tan complexo coma o do paro? 

R-Teño o convencemento de que si se transferiran as políticas activas poderiamos adaptalas á realidade do noso país. A nosa estrutura laboral non é igual a do resto do estado. O 25% da poboación ocupada é autónoma, moito máis ca media estatal. Se queremos prorrogar as cotas mínimas dos autónomos teríamos que pedirllo ó estado. Canto máis achegado estea o poder de decisión mellor poderemos resolver os nosos problemas.

PDis que Compromiso ten unha posición central pero tamén aclaras que non é o mesmo que ser de centro. Parece un matiz necesario non? 

R-Sei que hai moita xente que se localiza no centro político pero hai que dar unha explicación. Que significa ser de centro?. Ser de dereitas no económico e de esquerdas no social ou ao contrario?. Cando digo que temos unha posición central refírome ás forzas políticas no eixo do cambio. A xente precisa de etiquetas para poder localizarse ideoloxicamente.Nós somos galeguistas, progresistas e socialdemócratas.

P-Urkullu se estivera en Galicia votaría Compromiso e ti se estiveras en Euskadi votarías PNV supoño… 

R-Probablemente. Nunca se poden afirmar con rotundidade estas cousas, porque un ten socializarse nunha comunidade para ver que é o mellor. Pero a min gústame a política social do PNV. Ogallá  a tivéramos en Galicia. Nas últimas eleccións o PNV buscou o apoio a unha reforma fiscal progresiva que non a hai en toda España, e goberna nos tres territorios co apoio de forzas progresistas e de avance social. Ten pactado con todo o mundo excepto co Partido Popular.

P-Xa na recta final da campaña tes máis ou menos esperanzas de obter representación no Parlamento de Galicia? 

R-Teño máis esperanzas e máis expectativas, porque a receptividade á actividade que está a ter Compromiso de estar a pe de obra e falando directamente coa xente, está sendo moi positiva e moi produtiva. Máis xente coñece a Compromiso por Galicia e aos referentes políticos de Compromiso e iso ten que traducirse necesariamente nun maior apoio.

P-Que lle dirías as persoas que ainda poidan estar indecisas nestes momentos?

R-O primeiro é que aínda que estean indecisas que cumpran co seu dereito ao voto. Durante moitísimo tempo estivo prohibido. Houbo xente que estivo na cadea para que nós que tivéramos ese dereito. Non ir votar favorece sempre ás forzas políticas máis votadas.

Pídolle ademais que abran a ollada a forzas políticas que ata agora non tiveron unha oportunidade para mudar as cousas desde o Parlamento galego. Que miren para as forzas políticas que poden facer país e construír sociedade, que queren contar coa cidadanía e que ademais o fan con serenidade, como por exemplo é Compromiso por Galicia. 

Eu pediríalles que votaran por Compromiso por Galicia. Que se empapen do noso programa e o miren con lupa se fai falla. Non fai falla nos tempos que corren ir votar cunha pinza no narís.

Tamén gustaríame pedirlle o voto a aqueles galeguistas que foron derrotados polos birretes. Que saian do armario e saiban que hai un partido galeguista, que quere levar o galeguismo ao lugar que se merece. Tamén a eses socialistas que nos últimos tempos  viron máis puño ca rosa, que miren que o progresismo e a socialdemocracia está en Compromiso por Galicia

E a todas aquelas persoas que hai pouco máis dun ano, alentaron gobernos de cambio nos concellos e que a sua esperanza deu lugar a frustración, que convertan o seu desacougo en Compromiso. En Compromiso por Galicia

Consultar o programa electoral de Compromiso nesta ligazón

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos