18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Entrevista a Christian Pensado

Christian Pensado Recarey, de Mazaricos, é o representante da Costa da Morte no concurso “Recantos” do veterano programa da TVG, “Luar”. Adiante Galicia quixo conversar con este mozo. E así o fixemos.

P-Cómo te sentes ao poder representar á Costa da Morte no concurso da TVG?

R-Pois a verdade é todo un privilexio poder representar á Costa da Morte, o meu recanto, no cal nacín e me criei. Ó seu tempo é unha responsabilidade, xa que todas as representantes que pasaron por Recantos e defenderon á Costa da Morte posuían un gran nivel e moito apoio dos nosos veciños, eu incluído. E contento, como non, de ser o primeiro rapaz (home) que represente este Recanto.

P- De tódolos xeitos, esta non é a primeira vez que estás diante das cámaras?

R- Exacto. Xa andiven por diversos programas da TVG, coma por exemplo no Bamboleo, na súa sección do Agora ou Nunca, no programa Aquí Galicia, cantando cunha gran amiga de Carnota e no programa A Toda Salsa, presentado por Jose Costas. Despois, o ano pasado, tamén estiven a piques de entrar nun programa a nivel nacional chamado La Voz, pero non houbo sorte na selección final, os nervios poden con un, e nesa vez xogáronme unha mala pasada.

P- Cales son os teus estilos musicais favoritos?

R- Decántome polo pop, pero polo pop británico, neste estilo a miña artista favorita é Adele, polas súas grandes composicións, o sentimento e o gran vozarrón que ten. Pero tamén me encanta o soul, o rock, e as baladas. Era e son moi fan de Amy Winehouse e de Withney Houston, dúas grandes voces do panorama internacional que me engancharon dende o primeiro segundo que as escoitei. Se teño que destacar a alguén máis, evidentemente sería o gran Michael Jackson, a Céline Dion, James Arthur ou John Legend entre outros. 

P-Tania Fuegho, Iria Quintáns, Iria Bermúdez,Christian Pensado.. parece que Mazaricos é un berce de artistas..

R– Pois a verdade é que non es o primeiro que mo di, jajaja, sinceramente admiro as 3 gran voces de Mazaricos que se deron a coñecer na TVG e apoiei no seu momento e apoiareinas sempre que o precisen, declárome fan das 3, jajaja. No caso de Iria Quintáns, estudei no mesmo colexio e instituto ca ela, e xa competimos algunha que outra vez nalgún festival da canción, coma por exemplo no do Xallas, e a súa voz hai que recoñecer que me pon os pelos de punta, transmite moitísimo e iso gústame. Pero a verdade é que sería un privilexio cantar con calquera das 3 nalgunha ocasión, de verdade.

P- Cómo podemos facer para apoiarte neste concurso e cando está previsto que actúes?

R- Pois xa teño a data da actuación desta primeira fase, que será o vindeiro Venres 23 de Setembro. Actuarei coa recanteira de Arousa, e antes de comezar a actuación vannos a asignar un número de teléfono a cada un, ó cal podedes chamar 5 veces de cada teléfono gratis; e por suposto ó cal vos pido de corazón que chamedes, porque os votos do público son moi importantes, e a veces decisivos.

De todas formas, podedes darlle a «me gusta» e seguir os meus movementos na páxina do Club de Fans no Facebook, a cal é: https://m.facebook.com/clubfanschristianpensadorecantosluar/  

P- Algo que engadir pola túa parte?

R- Dende aquí quería darlle as gracias a xente que xa me está mostrando cariño e apoio, ós meus veciños de Alborés e sobre todo a comisión de festas por pegarme alí os carteis na cantina, jajaja, as comisións de festas da Costa da Morte nas que me deixaron subir a cantar á orquesta, ás orquestas nas que actuei, a tódolos comerciantes que se prestaron para pegarme o cartel da actuación, ós meus amigos polos ánimos, e sobre todo a ti polo pracer de facerme a entrevista. Gracias a todos, de verdade!.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos