6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Bascuas asegura que non entrará no goberno a calquera prezo

“Se Compromiso non está entre as tres primeiras forzas políticas do parlamento no debería estar tampouco no goberno” manifesta o candidato galeguista. Nunha entrevista no Adiante Galicia afirma que teñen “opcións reais” de entrar no Parlamento de Galicia e anuncia unha campaña “de batalla” e de «rúa a rúa”.

Escoita a entrevista completa

P-¿Qué che parece a data das eleccións”

R-Compromiso por Galicia é un partido que acepta as regras do xogo independentemente de como estean marcadas as cartas. Preferíamos que foran nunha data singular, que dera a ver que son eleccións especificamente galegas e que non se compatibilizan coas vascas, na tentativa que ten Feijóo de que haxa unhas perspectiva estatal das eleccións. Con todo Compromiso non é un partido que se queixe das condicións do terreo de xogo. Xoga o partido e sae a gañar.

P-É evidente que se respira optimismo en Compromiso. Estades convencidos de que obteredes representación

R-Estamos bastante certos. Hai que dar a coñecer o proxecto, a marca, os líderes de Compromiso por Galicia. Estaremos na rúa dando a coñecer o noso proxecto e dando a ver que somos a única forza galeguista, progresista e socialdemócrata, e consecuentemente creemos como é un espazo no que se localiza a maior parte da cidadanía galega, teremos opción reais de estar presentes na vindeira lexislatura no parlamento galego.

P-Se Compromiso por Galicia obtén representación o vindeiro 25 de setembro. Podería darse unha alternativa de varios partidos ao actual goberno. Hai algún tipo de liñas vermellas marcadas desde o voso partido?

R-A pluralidade non é mala. O que é malo é a falta de diálogo e a falta de cultura de pacto e acordo. Compromiso por Galicia é unha forza política de pacto, diálogo e acordo. Nós entrariamos nun acordo alternativo ao goberno de Feijóo. Se Compromiso entende que non é necesario non estaremos no goberno galego. Condicionaríamos a acción de goberno desde o parlamento que é onde reside a verdadeira forza. A amalgama sensata vai estar en Compromiso por Galicia. Non en ningunha outra forza política. Compromiso, se non está entre as tres primeiras forzas política do parlamento no debería estar tampouco no goberno.

P-Xoán Bascuas, Andrés Núñez, Juan Carlos Piñeiro e Xosé Mosquera. Compromiso xa ten candidatos. Pero cando pechará as candidaturas e o programa electoral.

R-As candidaturas estanse pechando con compañeiros do partido e tamén estamos abríndoas a persoas non afiliadas. As candidaturas conxugarán xente vinculada a acción partidaria con xente que non está afiliada. Estamos aproveitando esta oportunidade para demostrar que somos quén de chantarnos na propia sociedade galega. Creo que imos dar unha gran sorpresa o vindeiro 25 de setembro.

P-Quedan agora unhas datas intensas para dar a coñecer este proxecto

R-Temos que fala restes días na comisión electoral sobre a campaña. Pero penso que a Compromiso non lle cómpre facer unha campaña tradicional como fan o PP e o PSOE con mitins inchados con persoas convencidas desprazadas en autobuses desde outros puntos do país. Teremos que facer unha campaña electoral corpo a corpo, rúa a rúa, pateando o país e dando a coñecer o proxecto. Que a cidadanía poida falar comigo, con Pepe Mosquera en Ourense, con Juan Carlos Piñeiro en Lugo e con Andrés Núñez en Pontevedra e Vigo adiante. Será unha actividade de batalla.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos