12.1 C
Santa Comba
jueves, abril 4, 2024

«Entendemos que moita xente non se fía dos políticos actuais»

Escanos en Branco pretende recoller os votos en branco para trasladar esa mensaxe ó Parlamento deixando baleiros os escanos. Conversamos co candidato pola provincia de Pontevedra, Xurxo Fernández Alonso.

P- Basicamente vostedes aspiran a ser elixidos para non tomar posesión dos seus escanos…Explíquenos os aspectos fundamentais do partido

R-Trátase de dar representación real e efectiva ó voto en branco pois do xeito como está configurado actualmente non ten ningunha efectividade. Entendemos que a xente que vota en branco o fai porque non hai ningún partido, candidatos ou programas que a convenza. Esa xente pode optar por non ir votar, por simple desafección coa clase política actual pero aínda así se toma a molestia de ir votar en branco. Nós pretendemos que o seu voto teña representación efectiva. De feito, cando o voto en branco sexa tido en conta deixando baleiros os escanos proporcionais que corresponden a votos en branco o noso traballo terá rematado con éxito e non será necesario un partido como Escanos en Branco.

P- ¿Algunha proposta para mellorar a sanidade, a educación ou o país en xeral?

R-Non, Escanos en Branco non pretende aportar nada neses aspectos. Escanos en Branco non ten unha ideoloxía política nin de esquerdas nin de dereitas. Simplemente entendemos que cada persoa ten a súa ideoloxía pero que moita xente non se fía dos políticos actuais.

P-¿Cales son os seus obxectivos electorais nestes comicios en Galicia?

R-Que a xente saiba, cada vez máis, que non hai por que votar obrigatoriamente a Menganita ou a Fulanito, que se pode votar sen axudar, nin sequera indirectamente, a eses partidos que non lles convencen.

P- ¿Déixolle este espazo para que traslade a mensaxe que considere oportuno aos nosos lectores..

R-Os políticos e a política son necesarios. Alguén ten que organizar, lexislar, gobernar, administrar diñeiro público… Pero ten que ser xente honesta e da que te poidas fiar, se non é así sempre tes a opción de escoller que ninguén se aproveite do teu voto. 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos