2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Sheila García:»O crecemento do PACMA é imparable»

Sheila García Núñez encabeza a candidatura do Partido Animalista por Pontevedra. Aporta un dato certo e que nós xa apuntamos recentemente. Elección tras elección o PACMA segue crecendo en apoios. Coñecemos un pouco más das propostas deste partido.

P-Tendo en conta que nas pasadas eleccións en Galicia e tamén en Pontevedra houbo un importante crecemento en número de votos, ¿Que obxectivos te marcas para as eleccións do 26X?

R-PACMA aspira a seguir crecendo nas Eleccións do 26 de Xuño. Sempre co Partido Animalista presentouse a uns comicios, aumentou os votos, polo que o noso crecemento é imparable. Nas erradas eleccións do 20 de Decembro PACMA obtivo 220.000 votos ó Congreso e máis dun millón de votos ó Senado, superando a formacións como UpyD ou VOX. 

Obtivemos máis votos que outros partidos que si conseguiron escano, como Bildu ou Coalición Canaria. PACMA é o único partido que defende os dereitos dos animais, cuxa dramática situación é ignorada por todas as forzas políticas. A sociedade recoñece a PACMA como o único partido que defende ós máis esquecidos, e a todos os nosos votantes únelles a preocupación polos malos tratos animais.Polo tanto, un dos nosos obxectivos é conseguir esa representación para darlles voz aos sen voz.

PPoderíanos resumir brevemente as liñas básicas do voso programa?

R-A esencia de PACMA é a defensa de todolos animais. No noso programa electoral incluímos propostas que van dende a básica creación dunha Lei de Protección Animal Estatal, que agora mesmo non existe, ata a prohibición da tauromaquia e a caza; o impulso dunha educación en valores; a procura de métodos alternativos á experimentación; a inclusión de opcións de menú sen productos de orixe animal en centros públicos, como hospitais, colexios ou universidades; a reducción do IVE veterinario; a especial protección do lobo ibérico; o peche das granxas peleteras ou o endurecemento das penas por maltrato animal.

Con todo, PACMA ten  tamén un amplo programa electoral en materia de medio ambente e xustiza social. Só poderemos alcanzar unha sociedade mellor para todos se protexemos o noso contorno co impulso das enerxías renovables, unha protección efectiva dos nosos contornos naturais, plans de loita contra os incendios, o apoio á agricultura ecolóxica ou a paralización do fracking e as prospeccións petrolíferas. 

Ademáis, consideramos fundamental que se protexan constitucionalmente as pensións, que se reduza o IVE cultural, loitese por impulsar e amparar a sanidade e a educación pública, aplíquense políticas que garantan o dereito ó traballo das perosas con diversidades duncionais ou se cree unha Lei pola igualdade efectiva das persoas LGTB. O noso programa electoral é amplo e todas as nosas propostas van encamiñadas cara á construcción dunha sociedade mellor.

P-¿Consideras que en Galicia se avanzou en materia de respecto ós animais?

R-Lamentablemente non. Galicia segue sendo unha das Comunidades Autónomas nas que maior abandono sofren os animais, continúa sen haber unha Lei de Protección Animal que verdadeiramente vele polo benestar dos animais, segue habendo festexos taurinos e outro  tipo de festas nas que se utilizan animais, como: A Rapa das Bestas. 

A presenza en Galicia dun partido como PACMA, polo que ademáis máis cidadáns mostra interese,pon en evidencia que existe unha preocupación sobre a situación dos animais na nosa Comunidade,  que non está a ser atendida polo resto de partidos, e que é de máxima importancia para miles de cidadáns galegos.

P-Ofrézoche este espazo para que transmitas o que desexes ós nosos lesctores e lectoras…

R-Simplemente gustaríanos cos lectores que non coñezan a PACMA entren na nosa páxina web para ler as nosas propostas e o programa electoral. Ó contrario do que moitos medios tratan de transmitir, o 26X non só hai catro opcións de voto. Calquer cidadán preocupado pola situación dos animais do noso país, consciente de que ninguén vai facer nada por eles e con ganas de prestar o seu voto a quen non ten voz, pode votar a PACMA.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos