9.6 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

«A este goberno faltoulle valentía para executar os cambios»

Unha nova “Conversa na Encrucillada” permítenos situarnos na Coruña, para conversar coa voceira do BNG, Avia Veira que ten claro que nun goberno nacionalista non se apoiaría un formato como o “Dillo ti”. Veira pensa que Marea, PSdeG e BNG deberían entenderse e lamenta que o goberno local optara por “fardar” en lugar de reprobar ás polémicas declaracións do asesor do alcalde.

Conversa con Avia Veira

P-Vaise cumprir o primeiro ano desta lexislatura. Como valoras a xestión do goberno.

R-A Este goberno faltoulle valentía para executar os cambios de política que prometeu en campaña electoral.

P-De tódolos xeitos supoño que estaredes máis preto da Marea Atlántica que do PSOE ou do PP.

R-Sen dúbida. Non hai nada máis que ver os programas electorais. Xa dixemos que eran proxectos diferentes pero complementarios. Hai moitas semellanzas.

P- Lamentas que non houbera máis entendemento entre a Marea e o BNG ou consideras que hai o suficiente.

R-Penso que hai o suficiente. Aínda que me gustaría poder chegar a acordos que fosen máis efectivos e desen maiores froitos polo ben da cidade.

P-O BNG pasou de catro a unha concelleira.Pensas que o BNG pode recuperar presenza no salón de plenos

R-Eu son optimista. Creo que podemos recuperar apoios e que é posible.

P-Cales serían as prioridades para a cidade se o BNG estivera no goberno?

R-A loita contra o desemprego. A loita contra a pobreza que hai que atallar desde varias frontes desde os servizos sociais do concello, o dereito a vivenda e tamén a recuperación dos barrios da cidade, que foi unha das nosas insistencias durante o pasado mandato porque durante os catro anos do goberno do Partido Popular os barrios estiveron absolutamente abandonados.

P-¿Qué Farías co actual formato e gasto do Dillo Ti e do Porta Aberta?

R-Nos non poríamos en marcha un formato tipo Dillo Ti. Porque nos entendemos que o prioritario agora mesmo é reformar o regulamento de participación cidadán para habilitar diferentes mecanismos tendo en conta tamén ó tecido asociativo.Apostamos pola participación directa da xente na toma de decisión.

Escoita a entrevista completa

P-Distintas moción vanse aprobando no pleno, outra cousa é que se cumpran 

R-Con respecto ó anterior mandato, agora si se debaten as mocións, e moitas delas saen adiante o que pasa é que vemos como hai moción que non teñen ningunha aplicación e realmente non o entendemos.

P-Parecéronche suficientes as explicacións de Xosé Manuel Sande sobre as afirmacións do asesor do alcalde?

R-Non foron suficientes as declaracións pero chegados ao punto de que nin o alcalde reproba as palabras e que non hai arrepentimento e aínda hai un interese por fardar xa chegamos a unha vía morta. Nós teremos en conta todas esas declaracións para analizar de aquí en diante as relacións do concello co movemento veciñal. Senón se reprobaron e porque están de acordo con elas.

P-Ben, semella que imos ter unha lexislatura animada

R- Cando foi o pleno de organización nos imaxinamos que a cousa ía a ser movida. O importante é que todos actuemos en beneficio da cidade. Non vai saír o proxecto de ninguén porque imos ter que falar entre todos. Penso que se pode chegar a acordos entre as tres forzas políticas que permitimos o cambio na cidade porque hai unhas liñas común e temos que actuar en consecuencia.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos