2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Eduardo Parga:»Queremos seguir atendendo as demandas da xente»

Nesta ocasión visitamos Malpica nun día solleiro. No despacho da alcaldía agardaba Eduardo Parga Veiga, moi atarefado entre papeis, chamadas de teléfono e visitas de veciños. Na anterior visita gobernaba en coalición cun partido independente. Hoxe o Partido Popular ostenta a maioría. Este foi o resultado da nosa conversa.

Audio coa entrevista

P-A última vez que o entrevistei faltaban meses para as eleccións e había as dúbidas lóxicas.Pero finalmente acadou unha maioría absoluta.

R-Quedamos moi contentos porque creemos que foi un recoñecemento a unha labor de catro anos. O pobo entendeu que fixemos cousas por el e sempre resulta agradable.

P-¿Qué obxectivos se marca para este mandato alcalde?

RO noso obxectivo é seguir co mesma traxectoria e tentar atender a xente e as súas demandas. Temos que rematar as grandes obras que se iniciaron na anterior lexislatura. A gardería xa está funcionando, a depuradora está na fase de probas e o centro de saúde de Buño que se porá en funcionamento para xuño ou xullo. Eran demandas de fai moitísimos anos.

P-¿Semella que vai a ser moi difícil manter es volume de xestión?

RTampouco hai as mesmas necesidades. Conseguir eses investimentos nunha época de crise non foi doado pero ás administración apostaron por Malpica.Pero agora seguimos demandando máis servizos como o do Centro de Día, que hoxe están máis pola labor de centros sociais. Nós xa llo plantexamos ao conselleiro José Manuel Rey e estamos traballando nese senso.

P-Parece que lle quere buscar unha solución a esa herdanza envelenada que recibiu en forma de piscina.

R-A piscina está aí. Falamos dunha infraestrutura moi custosa que hai que manter.Non podemos permitir que afecte a outros servizos de primeira necesidade porque os orzamentos son os que son.Estamos tentando arranxar coa igrexa o acceso porque non o temos, e despois rematala e abrila uns meses ó ano ou buscarlle unha fórmula para que non sexa gravosa para o concello. Pero teño claro que non se vai a abrir a piscina en detrimento doutros servizos como a recollida de lixo, o alumeado ou os servizos sociais ou a cultura.

P-Vostede non ten competencias pero é un sector moi importante aquí.¿Como están as cousas da xente do mar?

REstán complicadas. Terían que darlle unha voltiña e escoitar tamén ós mariñeiros e os armadores e buscar consenso entre todos. A pesca cada vez é máis axustada pero habería que buscar fórmulas que satisfagan a todos.

P-Ó final Núñez Feijóo volverá a presentarse..

R-Non esperaba menos. Non o sabía pero agardaba que se volverá a presentar. É unha satisfacción e tamén unha garantía.

P-¿Qué é máis complexo estar aquí escoitando as demandas dos veciños ou petando nas portas das administracións?

RAs dúas cousas son complicadas.Fai anos era máis fácil conseguir recursos porque agora hai máis restricións. Aínda que eu non me queixo do trato porque sempre que petamos nas portas conseguimos algo.Aquí no concello, o que resulta difícil e dicirlle que non a un veciño ante unha necesidade.

P-O concello decidiu saír de Neria.¿Non lle ve futuro?

R- Neria está máis nunha fase de liquidación que doutra cousas. Non queremos eludir responsabilidades porque os concello que estaban ou que están temos as responsabilidade que temos. Pero estar pagando cotas nalgo que non funciona tampouco é normal.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos