10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Pilar Cancela:»Somos a única alternativa real ó PP»

Pilar Cancela encabeza a candidatura ao congreso dos socialistas pola provincia de A Coruña, pero ademáis ven exercendo como secretaria de organización do PSdeG. Está convencida de que o PSOE superará os datos das enquisas e insiste na mensaxe en que a única alternativa ó PP é o Partido Socialista. Adiante Galicia conversou con Pilar Cancela.

P-¿Consideras que O PSOE pode remontar as enquisas tanto en Galicia como en España?

R- Estamos acostumados a que as enquisas nunca nós dean ben. Se lle houbéramos feito caso as enquisas nas eleccións municipais, non houbéramos arrancado nin o primeiro día de campaña.

Na enquisa do CIS, por exemplo, hai unha porcentaxe de indecisos tremendamente alto e iso é decisivo. Unha porcentaxe moi alta desa xente foi votante socialista e a intencionalidade que temos é a de trasladarlle a idea de que neste país só hai dúas posibilidades de goberno. Ou goberno encabezado por Mariano Rajoy ou unha alternativa real con Pedro Sánchez e o Partido Socialista.

Concorren outras forzas políticas con moita puxanza pero sendo realistas sabemos que ou gobernan uns ou gobernan os outros. A propia enquisa do CIS dí que o partido favorito é o PSOE.

P-O Partido Popular presume da xestión destes anos pero desde o PSOE pensades que se puido gobernar doutro xeito

R– Estiveron utilizando permanentemente a crise económica para recortar en dereitos e liberdades, e no que a xente pensaba, que non estaba en cuestión como a sanidade pública universal, a educación ou as pensións. 
Isto non pode seguir así. Acaban de sacar da caixa das pensións sete mil millóns de euros. Hai que facer unha pregunta:¿Vostede vive mellor hoxe que fai catro anos? A resposta é moi fácil e penso que algo haberá que facer para que non sigan gobernando.

P- ¿Se goberna o PSOE haberá unha solución para os produtores de leite e para os mariñeiros de cerco, por exemplo?

R-Levamos desde fai tempo xuntándonos coa xente do sector lácteo e do cerco. Ten que haber diálogo social. Non se poden tomar medidas sen contar cos sectores afectados. Non se pode establecer unha norma de cotas para a pesca en base a capturas históricas porque impide que unha persoa nova poida emprender e dedicarse ao mar. Hai que falar co sector e buscar un reparto máis equitativo.

E con respecto ao sector lácteo estamos ante un sector moi debilitado. E se o gandeiro cobra entre 18 e 27 céntimos por litro e nós pagamos 80 céntimos nos supermercados ¿Qué pasou polo medio?.Falemos co sector e poñamos tamén condicionamentos a industria. Hai que sentarse e lexislar, pero coa xente sentada nunha mesa. Senón estaremos esnaquizando sectores estratéxicos.Falemos tamén do naval, que se lles está prometendo constantemente carga de traballo pero parece unha tomadura de pelo.

P-Unha proposta ambiciosa pero tamén complicada é a de abolir a prostitución

R-É un problema grave. Hai partidos como o PP ou Ciudadanos que están falando de que o volume de negocio da prostitución entre a formar parte do PIB, polo que estamos plantexando que a trata das mulleres chegue a formar parte dos indicadores do país. Paréceme unha barbaridade. Non nacemos para ser mercadoría. Só un 2% das mulleres que se dedica a prostitución o fai voluntariamente. O resto está sendo explotada sexualmente.Imos a abolir a prostitución.

P-Por último, un motivo para votar ao PSOE.

R-Nós estamos aquí cunha sinal de identidade de cando gobernamos. Nós somos os da educación e da sanidade pública, da igualdade de oportunidades, os que dicimos que independentemente da túa situación social ou económica, da túa crenza relixiosa ou do sitio do territorio no que te atopes tes os mesmos dereitos.

Fomos e seguimos sendo os das pensións. ¿Vives mellor agora que fai catro anos? Se a resposta é non a opción é o Partido Socliatsa. Queremos gobernar para a inmensa maioría deste país. Amamos profundamente a Galicia. Queremos que Galicia sexa forte e España mellor.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos