6508 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Carme Adán:"Somos unha candidatura antirecortes e de país"

Carme Adán:"Somos unha candidatura antirecortes e de país"

Entrevistas | Publicada: 09/12/2015

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 44 segundos.

Carme Adán encabeza a candidatura de Nós-Candidatura Galega, ó Congreso pola provincia de Pontevedra.Reivindica o traballo das deputadas do BNG no Parlamento e tamén o feito de non ter dependencia de ningunha forza estatal.

P-¿As vibracións que sentes coinciden cos datos das enquisas?

R-Teño moi boas sensacións. As enquisas son o 20 de decembro. Agardamos que a xente nos apoie para ter unha representación no Congreso.Temos en contra o apagón televisivo que vivimos onde só aparece o bipartidismo “dos catro magníficos” pero nós estamos pisando a rúa e explicando as nosas propostas.

P-¿Consideras que hai un apagón informativo?

R-A política converteuse nun show televisivo. Rajoy pon unhas eleccións case comendo o turrón.E na televisión só podes ver ese bipartidismo a catro. Nós contábamos con ese apagón. As propostas de país non teñen espazo en canles tipo La Sexta, onde fan receitas de cociña mentres tentan falar de política. Nós estamos facendo un traballo coas persoas.

P-Supoño que estarás convencida de obter representación, pero aínda nese caso pode haber quen pense que ao mellor a vosa voz non será o suficientemente potente e pode caer ma tentación de pensar de que o voto útil da esquerda está noutro sitio.

R-O traballo de Olaia Fernández e Rosana Pérez ninguén o pon en cuestión. Foron elas as que levaron os problemas de Galiza ao Congreso. As preferentes, o problema dos emigrantes retornados, a pesca, a industria naval,das persoa desafiuzadas ou da pesca.

Somos unha candidatura antirecortes e de país.  As persoas que estean dubidando, dígolles que voten a Nós, a unha candidatura contra os recortes do goberno nefasto de Rajoy.E ademais somos a única candidatura que se presenta sen ningunha forza estatal nas súas filas e claramente con poder de decisión en Galiza.

P- Pero Alberto Núñez Feijóo di que é o PP o partido que máis se parece ós galegos

R-Núñez Feijóo non ten credibilidade. Porque dixo moitas cousas e fixo o contrario. Dixo que ía rematar co paro e os galegos perdemos emprego. Son frases feitas.

P-Votando por Nós-Candidatura Galega, e con representación no Parlamento estatal haberá solución para os problemas do sector leiteiro ou da flota do cerco?

R-Haberá o compromiso de negociar eses problemas.Xa conseguimos nas preferentes que se devolverá unha parte dos cartos. O sector lácteo e o da pesca teñen o noso compromiso total. Nas actas do Congreso demostrase que soamente o BNG defendeu os nosos intereses.Levamos vinte anos defendendo sectores primarios fundamentais para a supervivencia de Galiza. 

P-Unha das vosas propostas radica na redución do IVE

R-O IVE e os módulos dos autónomos están penalizando moitísimo as pequenas empresas. Rajoy aumentou o IVE e penalizou ó sector servizos, as perruquerías, a venda de libros, etc. O ive debe ser reducido para os produtos básicos e no sector cultural. Pero debe de ser aumentado nos artigos de superluxo.Os autónomos teñen que ter unha fiscalidade progresiva segundo os seus ingresos, igual que ocorre na maioría dos países europeos.

P-Carme Adán. Do Parlamento de Galicia pode dar o salto ao Congreso

R-Para min non é ningún salto. Iso é o que entende o PP, PSOE e Podemos que pensan que se trata dun Parlamento de máis nivel. Eu teño unha experiencia no Parlamento de Galiza, que puxen a disposición nunhas primarias. Penso que é moi importante que Galiza teña representación no Congreso dos deputados.

P-Para rematar. Un motivo para que os nosos lectores voten por Nós.

R-Se senten Galiza e queren políticas alternativas a dereita de Rajoy e Ciudadanos aquí teñen unha candidatura feita na casa, coas nosas mans e cun traballo colectivo. Nós-Candidatura Galega pretende que sexamos capaces de conquista-lo noso futuro. Pido o voto para Nós, porque somos un proxecto de país e non imos a defraudar porque imos estar co país e ese é o noso único compromiso.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El músico Eduardo Cundíns homenajea a las personas fallecidas durante estas fechas

El músico Eduardo Cundíns homenajea a las personas fallecidas durante estas fechas

VIDEO-   El músico Eduardo Cundíns homenajeó con su trompeta a todas las personas fallecidas durante estas…

Ler máis
Extinguen un incendio en la parroquia de Santa Sabiña – Santa Comba

Extinguen un incendio en la parroquia de Santa Sabiña – Santa Comba

Los efectivos contra incendios lograron extinguir un incendio declarado el lunes por la noche en la parroquia xalleira d…

Ler máis
O BNG da Costa da Morte presenta un paquete de medidas para promover nesta crise do coronavirus

O BNG da Costa da Morte presenta un paquete de medidas para promover nesta crise do coronavirus

O BNG da Costa da Morte presentará, vía telemática, nos concellos da Costa da Morte un documento no que se recollen d…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información