10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

«O PSdeG ten un problema evidente co liderado de Besteiro»

Entrevista exclusiva a Alfonso Rueda en Adiante Galicia. Nesta segunda parte da conversa con Xosé Manuel Lema (@xmlema), Alfonso Rueda destaca os problemas internos do PSdeG e a situación de falta de liderado de Gómez Besteiro.

Pensa que o Partido Socialista «non está preparado para gobernar». En contraposición sitúa ao PPdeG que cunha política responsable e o esforzo dos galegos está mellorando a situación do país. Tamén se refire a episodios como a moción de censura de Lugo, que atribúe a «intereses persoais e ocultos».

Conversa con Alfonso Rueda-Segunda parte

 P)¿Por qué se apoia unha moción de censura en Boimorto e se critica unha moción de censura na Deputación de Lugo?

R)Moi fácil. Nós sempre defendemos que debe gobernar o partido máis votado e en Boimorto o PPdeG gañou os comicios municipais. O mesmo pasou na Deputación de Lugo, onde o Partido Popular volveu ser o partido más votado e sen embargo outros decidiron tombalo… Non creo que a maioría dos galegos estea de acordo con esa decisión que, ao noso parecer, vén motivada por intereses ocultos e persoais, que nada teñen que ver coa deputación e con exercer un servizo público á cidadanía.

P) Mariano Rajoy critica unha suposta radicalización de Pedro Sánchez e do PSOE. ¿Está o PSdeG nesta mesma liña de radicalización ou non?

R)O que está claro é que os socialistas en Galicia estiveron dispostos a pactar con quen fixera falta para evitar que o Partido Popular, que foi a forza máis votada na maioría de municipios, non puidese gobernar. Para acadar este obxectivo, ao PSdeG non lle importou chegar a un acordo con quen fose preciso, pasando por riba de ideoloxías e de calquera tipo de programa e promesa electoral.

Ademais, os problemas internos do PSdeG neste momento concreto son máis que evidentes, cun secretario xeral, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que non perde a oportunidade de amosar a súa falta de liderado. 

Sucesos como a vergoñenta moción de censura perpetuada na Deputación de Lugo e na que o seu propio Besteiro se negou a dar a cara; os problemas derivados do número de cargos que tIñAn Beatriz Sestayo e Carlos González Santín, os cales non desaproveitan ningunha oportunidade para evitar apoiar ao seu secretario xeral; a guerra aberta que este ten en Ourense provocada pola súa actuación coas listas das Xerais; ou a renuncia en Ferrol dun candidato socialista ao Senado tras considerar tamén que hai falta de transparencia e escurantismo na elección das candidaturas, súmanse á xa máis que complicada situación de Besteiro coa xustiza. 

Sen dúbida, todos estes feitos reafirman que o PSdeG non está preparado para asumir responsabilidades de goberno a ningún nivel: nin local, nin provincial, nin autonómico.

P) Señor Rueda ¿Galicia vai ben?

R) Galicia vai mellor do que ía … E iso foi posible grazas ao esforzo de todos os galegos e galegas e á política responsable da Xunta. Agora avanzamos no camiño da recuperación e iso foi posible grazas a recuperación do emprego, da economía, do consumo, da confianza e da fe nas posibilidades de futuro de Galicia. 

Os orzamentos de 2016, que se veñen de aprobar, serán un punto de inflexión para conseguir todos eses obxectivos e por iso vense reforzados con 400 millóns de euros máis que no actual exercicio. 

Ademais, como xa avanzamos no Debate do Estado da Autonomía, a recuperación das contas públicas se destinará á recuperación dos fogares, coa maior baixada de impostos nuns orzamentos e maior apoio directo á infancia e ás familias.O obxectivo, como me preguntaba antes, é responder ás demandas da xente de que os efectos da recuperación cheguen a todos os fogares, que se siga creando emprego, que se fortalezan os sectores primarios e que o impulso social e económico se complete tamén co impulso territorial.

P) Por último, gustaríame agradecerlle a súa colaboración con Adiante Galicia, e déixolle este espazo por se quixera engadir algo. Moitas grazas.

R)Grazas a vostedes por darme a oportunidade de explicar certos asuntos que considero importantes e que as veces, polos ritmos de traballo, non hai tempo de abordar dun xeito máis pausado. Por iso gustaríame felicitalos polo seu traballo e destacar a importancia dos medios de comunicación coma o seu, que permite aos cidadáns informarse.

#AdianteRueda  @AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos