10.8 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

«Demos resposta a autocrítica que nos reclamou a cidadanía»

Entrevista exclusiva en Adiante Galicia. O vicepresidente da Xunta de Galicia e secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda aceptou a invitación de Adiante Galicia para unha entrevista que imos dividir en dúas partes.

Rueda pensa que o PPdeG debe de afondar na “centralidade política” e está convencido que se recolleu a mensaxe dos cidadáns nas urnas que pedían unha autocrítica. Está convencido de que o PP sempre que “sintoniza” coa sociedade obtén bos resultados. Sobre o papel de Ciudadanos en Galicia, fuxe de comparativas con Cataluña, porque aquí os de Albert Rivera non teñen unha estrutura pechada.Esta foi a primeira parte da conversa co Vicepresidente.

 

Conversa de Xosé Manuel Lema con Alfonso Rueda – Primeira parte

P) Hai quen ve nos cambios de goberno un intento contra reloxo de reconducir un previsible escenario electoral adverso, por iso quería preguntarlle en primeiro lugar ¿Qué datos ou sensacións ten vostede con respecto aos vindeiros comicios tanto xerais como autonómicos?

R)Aínda é pronto para adiantar resultados e, como sempre, prefiro apostar pola cautela. Non obstante, seguir sendo o partido máis votado sería un magnífico resultado para o PPdeG… Polo menos con ese obxectivo estamos traballando porque queremos seguir contando co apoio maioritario da xente despois de catro anos moi difíciles do Goberno.

Precisamente para seguir contando con este apoio naceu a Ponencia Política do PPdeG, cuxo obxectivo era adentrarse nunha tripla renovación de políticas, equipos e actitudes como resposta á autocrítica que a cidadanía reclamou cos seus votos nas pasadas eleccións municipais.

Neste sentido, a renovación orientouse cara a cambios na xestión interna e funcionamento do propio partido e cara a novas canles de comunicación coa sociedade para afondar na centralidade política. A idea foi reinventar as fórmulas e a relación do partido co conxunto da cidadanía, cos afiliados e cos simpatizantes, ademais de dar voz aos cidadáns e seguir sendo así o partido que máis de parece aos galegos e a Galicia.

Pero a culminación deste documento non era a meta senón o punto de partida nunha nova etapa para o Partido Popular de Galicia, por iso seguimos a traballar diariamente para estar ao nivel que a xente espera de nós.

P) ¿Pensa que eses cambios servirán para unha mellor conexión coa cidadanía?

R)Como xa se dixo no seu momento, a renovación do Goberno galego responde a un cambio de ciclo. O novo contexto ao que Galicia se dirixe esixe de novas políticas e novos equipos que se adecúen ás novas demandas da xente. Por iso escoitamos o que a sociedade nos esixía e quixemos facer unha renovación do Executivo autonómico que supuxera un novo impulso social, económico e territorial para abordar o novo contexto de crecemento. 

Creo que a xente entendeu o que fixemos e que á maioría dos galegos lles parece razoable facer un reforzo dos ámbitos rural e marítimo, desdobrando as dúas consellerías; así como facer fincapé na política social e na protección da paisaxe e do medio ambiente. Agora o que temos que facer e demostrar o camiño andando, continuar o noso traballo e evidenciar os froitos que estou seguro que vai dar.

P) A propósito desa conexión. Pensa Alfonso Rueda que a ponencia política aprobada polo PPdeG servirá a curto prazo para recuperar a votantes que nas eleccións municipais decidíronse a quedar na casa ou votar por outra forza política?

R)Entendemos os resultados das pasadas eleccións municipais de maio como un aviso da cidadanía que tomamos moi en serio. Por iso, inmediatamente reaccionamos e comezamos a traballar para ser ese partido que mellor representa á ao cidadáns galegos e grazas ao que é a primeira forza política en Galicia.

Non podemos decidir por tres millóns de galegos pero si podemos esforzarnos polo tipo de partido que ofrecemos á xente. A elaboración da Ponencia trouxo consigo un proceso de apertura e participación cidadá sen precedentes no noso partido que ademais estivo acompañado do deseño de novas canles de comunicación cos cidadán de Galicia.

Grazas a isto, hoxe afirmamos que podemos ofrecer a nosa mellor versión xa que esa versión sempre é a que máis se parece ao conxunto dos galegos. Sempre que sintonizamos con eles os resultados acompañáronnos. 

P) ¿Preocúpalle que Ciudadanos poida implantarse con forza na política galega?

R) Pese a que as enquisas realizadas colocan a Ciudadanos nun lugar destacado, hai que ter en conta que non podemos comparar a súa traxectoria en Cataluña coa súa situación en Galicia.É difícil precisar o papel que poderían xogar aquí cando, hoxe por hoxe, nin sequera teñen a súa estrutura cerrada. 

#adianterueda  @AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos