6508 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

"Ao mellor interesa que desaparezan as deputacións"

"Ao mellor interesa que desaparezan as deputacións"

Entrevistas | Publicada: 20/10/2015

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 18 segundos.

José Manuel Pequeño Castro defende a existencia das deputacións ainda que desconfía que haxa a quen lle interese a súa desaparición “porque teñen voz propia”.Se na primeira parte da entrevista centrámonos na actividade política, agora tocaba falar da Deputación provincial(é o responsable de Vías, Obras e Medio Ambiente) e tamén do seu concello, Dumbría.

P- Pensa que as Deputacións teñen razón de ser?

R- As deputacións son fundamentais. O concello ten que ser o motor do medio rural, como unha empresa máis, para crear postos de traballo. Habería que afrontar unha reforma das facendas locais, porque os concellos xa somos maiores de idade.

Hai que camiñar cara proxectos e servizos mancomunados e non individuais. E moi fácil dicir que a solución está na fusión de concellos. Que mo demostren. Penso que habería que fomentar e dar facilidades desde a administración para a creación de mancomunidades.

P-¿Qué tal esta nova experiencia no goberno provincial?

R-Sempre aprendes aínda que se pode dicir que eu son un veterano. A Deputación é unha gran mancomunidade de concellos que está prestando uns servizos. Ao mellor interesa que desaparezan as deputacións porque teñen voz propia e son o estandarte dos alcaldes, e poden facer daño ós partidos políticos.

P- Hai quen pensa que a crise serviu para que desde a administración central se asfixiara a liberdade de movementos dos concellos.

R-Tentouse sinalar co dedo a xestión dos concellos, cando somos os menos endebedados. Os concellos que xestionamos ben somos castigados cun teito de gasto. Hai concellos con millóns de euros retidos a prazo fixo. Non é normal. Hai algúns concellos en España que teñen unha débeda moi grande, pero por iso non somos os responsables da crise económica.

P-Como alcalde de Dumbría. Cales son os seus obxetivos nesta lexislatura.

R-Presentámonos cun proxecto denominado “século XXI”. Gustaríame ser capaz de levalo a cano a pesares de que estamos nun momento económico moi complicado. Penso que pode ser o impulso definitivo para Dumbría.

Queremos promover o “centro de fusión” nas instalacións de O Conco, que sirva para facer comarca, reforzar o deporte, os albergues e as actividades. Que volvamos a ter unha etapa de La Vuelta Ciclista a España é un feito importante. Tamén queremos volcarnos coa promoción do camiño xacobeo. Hai que escoitar as línguas que se falan polo camiño no noso concello. Dumbría está en Europa.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

Alejandra Plaza:”embaixada.gal está servindo de soporte a moita xente e incluso se achegan a nós para pedir axuda de todo tipo”

//Xosé Abelenda//Xosé Manuel Lema// Alejandra Plaza, é xornalista, escritora e presidenta de embaixada.gal. Precis…

Ler máis
Se confirman alrededor de una veintena de casos positivos de coronavirus en Santa Comba

Se confirman alrededor de una veintena de casos positivos de coronavirus en Santa Comba

AUDIO- Intervención de David Barbeira en Radio Xallas   El alcalde de Santa Comba, David Barbeira, volvió a…

Ler máis
Coronavirus Galicia: 3.476 casos de persoas infectadas e 79 persoas falecidas

Coronavirus Galicia: 3.476 casos de persoas infectadas e 79 persoas falecidas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de c…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información