5.9 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

«A mellor campaña faise traballando durante catro anos»

«Agora hai máis pelexas entre políticos»” sentencia o alcalde socialista de Dumbría, José Manuel Pequeño que ve os partidos políticos demasiado separados da cidadanía:”A política cercana faise nos concellos”.

José Manuel Pequeño agarda nun despacho do concello de Dumbría, tentando buscar un oco para una conversa, entre veciños que están nas portas da alcaldía, funcionarios que lle fan consultas e o teléfono móbil que non para de soar. ”Agora ata xa che piden cousas directamente por Whatsapp” comenta con certa sorna Pequeño. Porque agora aparte de alcalde, é una persoa que atende alcaldes. Neste primeiro traxecto da entrevista centrámonos na política.

P- ¿Cambiou moito a política desde os anos oitenta ata agora? ¿En qué?

R-Sí que cambiou. Daquela había unhas necesidades moi urxentes. Non había nin servizos nin accesos. Entramos en democracia coa ilusión de mellorar todo o posible. Había compromiso e non tanta política partidista.

Agora adicámonos máis as pelexas entre políticos. Antes éramos todos como unha piña, tanto o goberno como a oposición. Agora aquelas necesidades están cubertas, pero hai outras e necesítase dunha visión para saber onde queremos chegar. Noto que hai demasiados conflitos cando os concellos deberían ser foros de diálogo, aínda que cadaquén teña a súa posición.

P-  Sempre me chamou a atención que vostede renunciara a facer campañas electorais, pero despois de obter o 86% dos votos, calquera lle leva a contra.

R– A xente sabe perfectamente aprezar o bo e o malo.As campañas electorais poden ser necesarias en cidades pero aquí todo o mundo se coñece. É una tontería que eu vaia convencer a un veciño cando tiven catro anos para demostrarlle a xente o que podía facer.

P- O PSdeG non é a forza maioritaria en Galicia pero sí en moitos concellos. Na Costa da Morte ten varias maiorías absolutas. ¿Non debería fixarse o PSdeG  e coller exemplo de alcaldes con maiorías absolutas como vostede por exemplo?

R– Históricamente nesta zona sempre houbo varios concellos con maiorías absolutas do PSOE. Eu penso que os partidos non miran ben como funcionan os concellos.

Pero é un problema de tódolos partidos políticos. Non están tan en contacto cos cidadáns coma estamos os alcaldes. Aquí faise a política cercana mentres os partidos parecen que están mais separados.

P- É curioso. Hai dirixentes doutros partidos que louvan sen disimulo o traballo de Pequeño.

R-Teño compañeiros en tódolos partidos. Pero Iso é o que ten que ser un político. E como no fútbol. Ti podes ser do Barcelona e eu do Real Madrid (Pequeño é merengue confeso) pero non imos deixar de falarnos. 

Podemos ter visións distintas de como plantexar as cousas pero somos persoas e teño boa sintonía con xente doutros partidos. Eu poño por diante as relación humanas e a solución de problemas as etiquetas dos partidos políticos.

P- Pequeño fixo críticas en momentos concretos ao seu partido.¿Está cómodo no seu partido?

R– Estou  moi cómodo. As personas teñen que expresar libremente o que pensan. Eu cando opino é porque antes lle dei moitas voltas. Penso que son coidadoso e observador. Non nós ten que doer que non estean dacordo con nós. As opinións son fundamentais.

@AdianteGalicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos