6542 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

"A Caixa Rural Galega segue fiel a súa estratexia inicial"

"A Caixa Rural Galega segue fiel a súa estratexia inicial"

Entrevistas | Publicada: 17/09/2015

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 28 segundos.

Caixa Rural Galega é unha aposta pola banca de proximidade que mantén o carácter de fai décadas. O director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema entrevistou o director xeral desta entidade, Jesús Méndez Álvarez Cedrón. 

“Coido que somos das poucas entidades que nunca pechamos unha oficina na nosa historia” comenta Méndez, que incide noutro dos sinais de identidade desta Caixa:”Somos a banca que queren os nosos clientes”, e en vez de “repartir dividendos dedicamos os beneficios a mellora-la solvencia da nosa entidade.

P-¿Cal é o segredo para que co paso dos anos Caixa Rural Galega poida manter a súa filosofía inicial como cooperativa de crédito e non se vira afectada polo proceso que afectou a maior parte do sector bancario en España?

R-É unha pregunta que me soen facer con regularidade. Penso que clave está en termos mantido moi fieis a nosa estratexia inicial. Isto é facer unha banca de proximidade e moi axeitada o que queren os nosos clientes e non os que nos queremos que queiran os nosos clientes.

 O mesmo tempo considero clave o feito de que se reinvestisentodos os beneficios que foi xerando nos nosos caseque cincuenta anos de vida. Os demais bancos teñen que repartir dividendos mentres que nos adicamos os beneficios a mellorala solvencia da nosa entidade.

P-Aínda así, por se os nosos lectores non o saben, os clientes da Caixa Rural Galega poden disfrutar de tódolos servizos bancarios habituais.

R-Si. Claro. Facemos unha banca universal. Entre os nosos clientes temos particulares, pemes, grandes empresas, institucións públicas, organismos, que contratan os mesmos produtos que en calquera outro banco.

P-¿E tamén hai un forte compoñente social verdade?

R-Si, os nosos estatutos fixan a obrigatoriedade de adicar unha porcentaxe dos nosos beneficios a fines de índole social ou fomento do cooperativismo, ademais temos penso unha especial sensibilidade cara os os colectivos desfavorecidos.

P-¿Cómo está sendo este 2015 para Caixa Rural Galega?

R-O ano 2015 vai ser complicado para as entidades financeiras en xeral. A situación de tipos de interese anormalmente baixos dificulta a nosa actividade. A iso hai que engadir unha situación na que a demanda decrédito é escasa mentres que a oferta é moi abundante polo que estamos nunha situación de forte competencia no mercado. O noso obxectivo está en repetir non obstante os resultados do 2014 medrando lixeiramente en depósitos e inversión crediticia.

P-¿Teñen previsto aumentar a súa rede de oficinas proximamente?

R- A nosa política de aperturas non mudou coa crise. Imos abrindo novos puntos a medida que a nosa situación nolo permite. Esperamos abrir unha oficina en Pontevedra en canto teñamos os permisos e fagamos a reforma no local que adquirimos recentemente. 

Adicionalmente teño que dicir que coido que somos das poucas entidades que nunca pechamos unha oficina na nosa historia.

P-Permítame unha pregunta xeral. ¿Considera desde o seu punto de vista que xa abandonamos a chamada crise económica?

R-Creo que non. Hai aspectos positivos coma un incremento do PIB nos últimos trimestres ou unha certa recuperación no emprego, pero temos que ter en conta que todos estes datos están baseados en políticas monetarias moi agresivas das que non vai ser doado saír e que non coñecemos exactamente as consecuencias que poden ter.

Toda a actualidade en www.adiantegalicia.es

FOTO 2- Páxinas Galegas

Fotos restantes- Caixa Rural Galega

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Coronavirus Galicia: 5.342 casos positivos e 199 persoas falecidas

Coronavirus Galicia: 5.342 casos positivos e 199 persoas falecidas

NOTA- CONSELLERÍA DE SANIDADE A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na ú…

Ler máis
Detenida una persona por el robo de cerca de dos millones de mascarillas

Detenida una persona por el robo de cerca de dos millones de mascarillas

La Policía Autonómica ha detenido a una persona por su supuesta implicación en el robo de casi dos millones de mascar…

Ler máis
Desalojan un establecimiento en Laxe y proponen sanciones para el dueño y sus clientes

Desalojan un establecimiento en Laxe y proponen sanciones para el dueño y sus clientes

Agentes de la Guardia Civil de Carballo desalojaron un establecimiento hostelero del ayuntamiento de Laxe en el que hab…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Coronavirus Sergas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

Auri: aquelas cancións seguen soando

Xosé Manuel Lema Mouzo

Aínda que nunca me deu clase, sabía  Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.  Aquelas primeiras composicións e…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

O informe Petras 25 anos despois

Álvaro Rodríguez

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialist…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información