10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Natalia Alonso, unha mindoniense sobre dúas rodas

Natalia Alonso Ares, nada o 21 de outubro de 1989, é unha moza de Mondoñedo que leva varios anos competindo en motociclismo na modalidade de Enduro, da cal se proclamou campioa galega no ano 2012. Esta tempada, Natalia compite practicamente soa na categoría de féminas, xa que as súas opoñentes non corren habitualmente as diferentes probas da Liga Galega da Moto de Campo. Ademáis de correr na moto, esta mindoniense é unha das organizadoras da carreira que se celebrará o vindeiro día 10 de maio no seu concello.

David Castro (@DavidCastro27)

Como comezaches nesto das motos?
 

Sempre me gustaron as motos. Pero a raíz de que meu irmán tiña unha moto de enduro, probei un día, gustoume e ata agora.

Por que escolleches o enduro como modalidade?
 

Porque empecei facendo enduro e foi o que primeiro probei. O motocross dame un pouco máis de respecto, os saltos danme medo.

Cal foi o teu mellor momento da túa carreira como piloto? 
 

Cando conseguín acabar por primeira vez unha carreira do campionato de España.

E o peor?
 

Cando non me sae unha carreira como eu quero, véñome abaixo enseguida, ademáis das lesións, claro está, eso levámolo mal todos

Tras a proba de A Laracha, eres a nova líder da categoría. Que obxectivos te marcas esta tempada?
 

Son a única fémina (xa que Ana Sánchez non compite asiduamente), é o único que me esixo é mellorar cada día un pouco máis e ver que cada vez lle gano a máis chicos (risas).

Cales son as persoas que fan posible que poidas disputar as diferentes probas nas que compites?
 

A miña familia. Pero sobretodo, Gustavo, que é un amigo da familia e foi quen me levou por primeira vez a unha carreira e é o que me segue acompañando
 

Cal é o maior impedimento que tes para realizar a práctica do enduro?
 

O maior impedimento deste deporte é a economía. Pero eu ando en moto si ou si, aínda que só sexa dar un paseo. Se non podo competir pois teñome que fastidiar per polo menos quédame andar na moto a fin de semana. Si me quitan a moto dame algo, con ela son feliz, moi feliz.

A vindeira proba da Liga Galega da Moto de Campo será na túa casa, en Mondoñedo, algo que sempre é especial. Que esperas desta carreira? Terás unha presión añadida por eso de correr diante dos teus?

Como son unha das organizadoras só pido que todo saia ben, que a xente quede contenta para que repitan o próximo ano e, por suposto, que non haxa ningún lesionado.

Gustame correr na casa, faime moita ilusión que os meus me vexa e si que tes algo máis de presión porque queres facelo ben para que estén orgullosos de min.

Xa que temos o privilexio de falar cunha das organizadoras, cóntanos un pouquiño sobre esa proba en terras mindonienses.

Vamos ter dúas especiales situadas no polígono empresarial de Mondoñedo, cun recorrido duns 30 quilómetros de monte moi divertido pero algo machacón.

O sábado 9 imos facer unha cea de benvida con sorteo incluído, a que esperemos que se anime moita xente.

O parque cerrado do domingo será na praza da Catedral, alí dará comezo a carreira, na que contamos con speaker na crono e música ambiente.

Moitas gracias Natalia, moita sorte para o que queda de tempada e que todo saia a pedir de boca nesa próxima proba da Liga Galega da Moto de Campo en Mondoñedo.

Moitas gracias a ti.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos