4565 fans     1367 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Info de Radio:"A radio local está desaparecendo"

Info de Radio:"A radio local está desaparecendo"

Entrevistas | Publicada: 04/01/2015

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 13 minutos e 39 segundos.

Roi C.S. leva anos informando e comentando a actualidade dun ámbito que non estaba moi explorado cando comenzou e do que a día de hoxe tampouco hai demasiados medios que informen: O mundo da radio.En “Info de Radio” podemos enterarnos dos “movemenos dos diais”, novidades das emisoras, etc.

Un blog moi aconsellable. Por ese motivo quixemos conversar con Roi C.S.

P-¿Cómo xurdiu a idea de crear este blog?

R-Xurdiu porque me gusta o mundo da radio e levo anos sendo afeccionado a ese medio fundamentalmente como ointe, pois non son nin xornalista nin me adico profesionalmente ao mundo da comunicación. Pero digamos que todo comezou hai máis de 10 anos coa intención de recoller aquelas novas que tiñan que ver coa radio na Coruña e arredores (que era o meu ámbito de cobertura), cousas das que non se atopaba información pois ninguén publicaba e sobre as que pouca xente do meu entorno falaba, pero que eu como ointe e afeccionado descubría e me chamaban a atención. 

Por iso debo aclarar que o blog é algo persoal e que non pretende ser un xornal online que recolla absolutamente toda a información relacionada co mundo da radio, pois resultaríame imposible manter algo así, dado que é algo que fago por afición e no meu tempo de lecer. Simplemente me conformo con escribir sobre aquelas cousas que a min me chaman a atención e me resultan curiosas.

Ademáis, como tamén son coleccionista de jingles, sintonías e todo tipo de audios, paréceme un xeito interesante poder compartir e complementar moitas das informacións publicadas con ese material sonoro.

P-¿Canto tempo levas con Info de Radio?

R-Con ese nome como tal dende 2012, pois anteriormente o blog chamábase "Radio en Galicia" (de feito aínda existe o dominio http://radioengalicia.blogspot.com , agora xa redireccionado a "Info de Radio") e antes diso tamén publicaba noticias noutra páxina que estaba aloxada noutro servidor distinto de Bloguer, polo que pode dicirse que levo publicando noticias dende 2002 ou 2003 aproximadamente. 

O motivo do último cambio de nome ao de "Info de Radio" foi que en 2011, por circunstancias, tiven que marchar a Madrid e comecei a a tomar contacto tamén coa radio desa cidade ata o punto de que tamén me interesaba e apetecía falar e comentar cousas do dial madrileño, pero sen esquecer nunca a actualidade da radio en Galicia, claro está. 

Pero polo feito de publicar tamén noticias de radios de Madrid parecíame que xa non tiña moito sentido que o blog seguira chamándose "Radio en Galicia" e convertiuse en "Info de Radio", abarcando así un ámbito de contidos máis amplo.Semella que co paso dos anos o blog cada vez se actualiza máis, ao contrario que moitos outros blogs que co tempo entran en decadencia...

Bueno, teño que dicir que debido a esa transición de "Radio en Galicia" a "Info de Radio" da que falaba antes, quedan aínda por "volcar" numerosas informacións que figuraban no blog anterior, especialmente as que estaban recollidas no antigo servidor. Recoñezo que isto debera de estar xa solucionado pola miña parte, pero dado que ás veces o tempo que lle poco adicar é máis escaso do que a min me gustaría e que a actualidade non se detén, provoca que teña medio parado o proceso de "volcado" das antigas publicacións no blog actual e que estea máis centrado en seguir publicando cousas actuais. 

Aínda así é certo que nos últimos anos o número de publicacións foi acrecentándose, feito que tamén pode deberse a que parece que hai máis lectores que se animan a participar e me escriben para interactuar e enviar comentarios que, en ocasións derivan en noticias.Tendo en conta que a radio está en continuo movemento, eu penso que contidos para publicar sempre haberá, pero son consciente de que tamén podería entrar en decadencia no momento en que non dispoña de tempo ou outras ocupacións me impidan seguir actualizandoo.

P-¿Resulta moi complicado obter contidos para actualizar o teu blog?

R-Depende do contido do que se trate. Porque, a parte das cousas que podo comprobar por min mesmo, hoxe en día tamén existen foros en internet nos que participan ointes e afeccionados que aportan informacións e permiten contrastar moitas outras, por exemplo cando se trata de informes de cobertura ou reportes de recepción dunha determinada emisora. Tamén hai casos nos que as propias emisoras ou locutores facilitan informacións. Noutros casos son os propios lectores do blog os que achegan informacións, como dicía antes. Pero sí é certo que tamén existen outros casos nos que non é doado atopar datos o que obriga a rebuscar por todas partes ata chegar a un fío do que poder tirar. Certo é que internet e as redes sociais axudan bastante.

P-Cómo ves a situación da radio en Galicia? É semellante á doutras comunidades españolas?

R-Este tema daría para falar moito. O que está claro é que a radio non queda exenta do mal momento que os medios de comunicación en xeral están a atravesar. O problema é que incluso antes da crise xa se deixaba entrever unha tendencia que nos últimos anos está indo a máis: a desaparición da radio local, pois lamentablemente, o sector da radio en Galicia está maioritariamente constitiudo en base a emisoras estatais, empresas que, coa desculpa de reducir custos, centralizan a súa producción en Madrid a cambio de pechar delegacións, despedir a persoal e reducir horas de programación local.

En Galicia, este problema radica especialmente na política de outorgamento de licencias de emisión coa que os distintos gobernos da Xunta de Galicia premiaron ás grandes empresas estatais do sector da comunicación. Provocando que, na maioría dos casos, éstas foran empregadas para reforzar cobertura destas grandes cadeas en determinadas localidades pero sen emisión local, así como para potenciar formatos de radiofórmula musical con contidos servidos íntegramente dende Madrid, tamén carentes de espazo local. De forma que outras alternativas, ao non recibir licenza vense na obriga de operar ao marxe da lei a pesar de que sí apostan polo local, por crear postos de traballo en Galicia e facer unha radio cercana.

Certo é que prácticamente en todas partes a administración ten tendencia a seguir criterios políticos á hora de outorgar licenzas, pero no caso concreto de Galicia o feito de que o espazo radiofónico estea maioritariamente ocupado por emisoras estatais é si cabe máis sangrante por tratarse dunha autonomía con lingua propia e cultura específica, polo que sería máis razonable que se puidese equilibrar a oferta con contidos propios, potenciando así a radio cercana e dinamizando o sector.

Dende logo, é unha mágoa que non se entenda a importancia que teñen as emisoras locais, con programación local e profesionales locais, que ademáis de dar traballo e emprego no sector da comunicación contribúen ao desenvolvemento local, dinamizando o comercio e a ecomomía local e dando voz a aqueles estamentos da sociedade que non adoitan ter cabida nos grandes medios estatais, incrementando así a pluralidade informativa.

P-¿Crees que a radio como medio ten futuro?

R-Estou convencido que sí pois a radio segue a ser o medio que ofrece máis inmediatez e cercanía. Hai anos dicíase que a televisión acabaría coa radio e xa vimos que iso non aconteceu. Na actualidade as novas tecnoloxías, especialmente internet e as redes sociais, tamén teñen una grande influencia pero eu creo que, máis que perxudicar á radio, éstes son instrumentos dos que a radio pode valerse e complementarse para seguir moi viva.

P-Info de Radio vai seguir na mesma liña ou vai haber algún cambio no 2015?

R-A intención é a de seguir na mesma liña aínda que, como dicía antes, iso dependerá en gran medida de que outras obrigas non mo impidan. Sí podo dicir que hai varias cousas nas que levo tempo traballando e que me gustaría sacar adiante para que ademáis de noticias, na páxina tamén se poidan consultar bases de datos de emisoras e mapas, pero son cousas que están en proxecto e que aínda non teñen data de publicación.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

La Costa da Morte en Fitur 2018

La Costa da Morte en Fitur 2018

Gran Fondo Ézaro, Camiño dos Faros, Esencia MZ, Experiencias CMAT, Muxía rural. Destino ornitológico, Mostra do Enca…

Ler máis
Javier Escribano retira la demanda y se incorpora a la ejecutiva provincial del PP

Javier Escribano retira la demanda y se incorpora a la ejecutiva provincial del PP

Los populares insisten “ la unidad y la cohesión interna como fórmula de éxito”.   La dirección provinc…

Ler máis
Fiebre de apariciones falsas en las playas de la Costa da Morte

Fiebre de apariciones falsas en las playas de la Costa da Morte

Las redes sociales se han convertido en un hervidero de confusión sobre la carga perdida del MSC Eloane. El jueves se d…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Futbol Sala Santa Comba
Enova Energia
KNM Abogados
CMAT
Concello da Laracha
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Pero llegaron los turcos. Oriente vs Occidente (II)

José Gilgado

Los encontramos en el este del mar Caspio donde habitaban los nuevos actores, los uguz o turcomanos. Un grupo denominado selyúcida se separó de los …

José Gilgado
Ler máis

As etiquetas en política

Xoán Bascuas

Como que non existe a loita de clases? Existe e están a gañala os meus, os ricos. (Frase de Warren Buffet, un señor con moito diñeiro).   …

Xoán Bascuas
Ler máis

El tabaco del MSC Eloane

Cristóbal Mourín

El mar escupió la carga del MSC Eloane.Más bien una parte de ella. Cajetillas de tabaco, botes de leche en polvo, cartuchos de impresora o muebles f…

Cristóbal Mourín
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información