6.2 C
Santa Comba
lunes, abril 1, 2024

«Traballamos en equipo por Santa Comba»

María José Pose Rodríguez(PP) é a nova alcaldesa de Santa Comba. Entrou en política con Antonio Landeira, no 2011, e logo de ser a primeira teniente de alcalde de coordinar varios departamentos do goberno xalleiro, asume o bastón de mando.

Agradece o traballo dos compañeiros que dimitiron recentemente, Antonio Landeira Gallardo e o segundo teniente de alcalde, Jacobo Amarelle Barreiro. Concedeu a súa primeira entrevista a emisora Radio Xallas antes de emprender unha viaxa a Arxentina.

P-¿Como afrontas esta nova situación?

R-Con toda ilusión do mundo e co ánimo de continuar a boa xestión que houbo nestes últimos tres anos con Antonio Landeira. Creo que Santa Comba está no bó camiño e durante os próximos meses imos dar continuidade a ese proxecto que iniciou o equipo do PP de Santa Comba.

E no aspecto personal sempre é un orgullo poder defender os intereses dos meus veciños

P-Estamos ante unha nova situación que colleu de sorpresa a moitísima xente, supoño que a vostede tamén.

Sí a mín tamén. Aquí quero puntualizar varias cousas. En primeiro lugar lamentar a dimisión do noso alcalde e amigo, Antonio Landeira. Son cousas que suceden que entran no ámbito personal. Pero quero destacar tamén que Antonio Landeira dou un exemplo de dignidade e coherencia cos seus principios.

Lamento que haxa políticos queiran practicar o carroñerismo político e mixturar cousas, pero aquí houbo un problema  estrictamente personal dun compañeiro que decidiu dimitir e non hai máis caso. O resto a xente xa coñece os politicos que están para construir e os que están para destruir e alimentar mentiras.

P- Moita xente se pregunta se realmente o PP de Santa Comba está unido.

R-Que non lle quede a menor dúbida a ninguén. O Partido Popular é mais que un grupo municipal. O PP é o partido maioritario neste concello e destaca por traballar en equipo e estar ao servizo dos veciños.

Antonio, María ou os demais concelleiros somos os representantes dun equipo moi amplo e que xa leva anos demostrando que está preparado para calquera circunstancia.

P-¿Será candidata nas vindeiras eleccións?

R-Insisto, aquí as decisións se toman en equipo. E agora comprenderá que estamos moi ocupados en reestructurar o goberno e sacar adiante proxectos moi importantes para Santa Comba nos próximos meses.

Eu estou a disposición dos meus veciños e do meu partido. Entrei en política para colaborar e traballar arreo polo meu pobo, e estarei  onde este me encomende.

P-Nada máis tomar posesión xa emprende unha visita a Arxentina

R-De feito xa marcho agora nunhas horas. Era unha visita que estaba programa. Desde este goberno entendemos que deberiamos estar ali para participar no décimo aniversario da asociación Santa Comba de Xallas.

Estamos apoiando as actividades que realizan cunha axuda enonómica que xa ven de anteriores gobernos. Valoramos moi positivamente o traballo cultural que están facendo nesta asociación, e estaremos alí para celebrar con eles este aniversario e expresarlle o afecto de tódolos xalleiros.

P-De tódolos xeitos, Maria Pose xa ten unha experiencia moi importante coordinando concellerias como Servizos Sociais e Cultura. Isto tamén che servirá para esta nova etapa.

Creo que en xeral no concello se está facendo un bo traballo. Os políticos tomamos decisións e marcamos unhas liñas co apoio dos traballadores, que  nos axudan nisto. 

E espero seguir contando con todos eles, porque ao final aquí non gana o PP, gana Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos