4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«As imputacións do alcalde preocúpanme pola imaxe»

Mauricio Aufiero Vigo é o presidente do Partido Popular e candidato a alcaldía. Leva poucos meses ao fronte do partido nun concello no que os socialistas están gobernando ininterrumpidamente desde 1983. Adrián Varela realizaba esta entrevista en Fórmula Fun Galicia que recollemos en Adiante.

P-¿Cómo valoras estes primeiros tempos a fronte do PP?

R-O sentir da xente é de ilusión e boa acollida.Estamos traballando nos proxectos para o programa electoral e pouco a pouco imos recabando información e ideas.

P-¿Que é o que máis che preocupa da actual situación política de Camariñas'

R-O primeiro problema que ten Camariñas é que non existe a transparencia. Non se están aproveitando ben os recursos como facer un concurso público para a contratación de obras, bens e servizos. Estanse estragando os cartos dos contribuintes e sempre se adxudican as mesmas empresas.

P- ¿Estás preocupado polas imputacións que afectan ao alcalde?

R- Preocúpame pola imaxe que se está dando ao exterior. Un alcalde con tres imputacións entenderás que levantar todo isto non vai a ser facil. A xustiza dirá o que teña que dicir. Esperamos que non haxa nada máis o que teñamos que botarlle man.  

P-Unha das cuestión claves é o turismo. ¿Como ves ti a xestión nesta materia?

R- Ultimamente estase empezando a aproveitar a tirada do Faro Vilán. O encaixe atrae moita xente, pero hai que acompañalo por mais cousas. Darlle mais variedade para que a xente de namore da nosa costa e quede mais dias. Podería se facer unha oferta conxunta con outros concellos .

P-O voceiro do PP, Daniel Rego aseguraba que non había contacto con vostede.¿ Estáselle deixando autonomía ao grupo municipal, xa hai contacto ou fala vostede con outras persoas do grupo?

R- O principio houbo uns pequenos problemas de comunicación. Si tiñamos que falar nos directamente ou se era a dirección do partido a que tiña que asignarnos tareas. Agora vamos falando habitualmente e falando as nosas cousas.O fundamental e que esas ideas están destinadas a cambiar a cor política do concello e conseguir que Camariñas saia adiante.

ENTREVISTA A MAURO AUFIERO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos