9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

«Houbo actuacións importantes para Carballo»

O alcalde de Carballo síntese con toda “a ilusión e ánimo” para continuar no cargo. Evencio Ferrero Rodríguez lamenta que a Xunta e a Deputación “non trate ós carballeses como se merecen”.

Evencio Ferrero(BNG) volverá a optar a alcaldía de Carballo. O dirixente nacionalista leva sendo concelleiro desde 1979 e alcalde desde 2003. Nesta última lexislatura gobernou en minoría. Ferrero Rodríguez participaba fai uns días no programa “Na Encrucillada” que dirixe Xosé Manuel Lema en Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) e Radio Xallas(107.5FM)

P-¿Como afrontas esta nova candidatura?

R- Con toda a ilusión e con todo o ánimo para seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir e moi agradecido polo apoio unánime recibido na asemblea aberta.

P-¿Que foi mellor que tivo a presente lexislatura?

R- O mellor foi a cohesión do grupo e a comodidade coa que se traballou. Tivemos actuacións importantes para o futuro de Carballo. Reducimos a débeda e melloramosas cifras do mandato anterior e isto se reflexa nos indicadores económicos. Ademais Carballo puxo en funcionamento unha nova escola infantil, un centro de día, unha biblioteca e un centro de atención a persoas con necesidades específicas.

P-¿Algunha débeda pendente?

R-Sempre quedan cousas pendentes. O gran reto a superar é o Plan Xeral. Estamos aínda pendentes dos informes de Augas de Galicia que declaran moi afectado o casco urbano e así e moi difícil facer un urbanismo racional. Espero que se impoña a capacidade negociadora e se poida aprobar aínda non presente mandato.

P- ¿Bota menos un maior entendemento coa Xunta e coa Deputación?

R- As administracións non deben de estar ao servizo dos partidos. O Partido Popular non trata os cidadáns de Carballo como realmente se merece. É moi mellorable o comportamento tanto da Deputación como da Xunta, Espero que se dean conta que con comportamentos así están prexudicando aos seus propios votantes e ó conxunto da cidadanía.

P-¿A veteranía é un grao ou limitación de mandatos?

R- Non me importaría que houbera unha normativa de limitación de mandatos pero tamén hai que interpretar a situación en cada momento. Teño 59 anos e teño forza, ilusión, empuxe e ganas para aceptar este reto dun importante grupo de veciños e da confianza que depositaron en min e na nosa candidatura.

P- ¿Como se busca a estabilidade cun goberno en minoría?

R-Cun grupo moi cohesionado, tremendamente capacitado para gobernar,  e con moito diálogo co conxunto das forzas políticas. Tendo a nosa condición de minoría hai que ser moi cauteloso cos asuntos a tratar.

P- ¿Pensa que é o momento dunha maioría absoluta do BNG en Carballo?

R-Nos imos a traballar para merecer a maior confianza posible pero serán os cidadáns os que digan ata que punto nos dan a confianza. 

P- ¿No tocante a problemática dos recibos do lixo, percibe vostede algún transfundo político?

R- A medida que se aproxima o calendario, a xente vaise poñendo máis nerviosa e vai habendo codazos para coller a posición. E indudable.

Pero tamén e verdade, que  nós temos que ter en conta de que é un aspecto legal e así é como se está aplicando na gran maioría dos concellos de mais de vinte mil habitantes. Tódalas vivendas teñen a obriga de aboar unha taxa porque é de recepción obrigada.

Senón pagaran as vivendas desocupadas teríamos que incrementar as taxas ao resto e incrementar de 65 a 92 euros. Isto non sería entendido pola sociedade. Temos que pagar todos e non os de sempre. Gobernar é tomar decisións para favorecer ao conxunto da cidadanía. 

ENTREVISTA CON EVENCIO FERRERO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos