8.8 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Un operario resulta ferido en Outes tras caer do tellado sobre o que traballaba

AXEGA 112-

Un home resultou ferido esta tarde despois de caer do tellado sobre o cal realizaba o seu traballo.Ocorreu no concello coruñés de Outes, no lugar de Fontenlos.

Nada máis recibir o aviso por parte dos servizos sanitarios de urxencia, sobre as cinco e cuarto desta tarde, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que colaboraron cos profesionais sanitarios no traslado do ferido desde o lugar onde ocorreu o accidente, nunha zona de obras, ata onde o agardaba a ambulancia.Segundo informaron os efectivos de Protección Civil, o ferido, en ningún momento perdeu a consciencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos