5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Unha colisión entre dous vehículos sáldase con tres persoas feridas en Arteixo

Tres persoas resultaron feridas a primeira hora desta tarde en Arteixo nunha colisión na que se viron implicados dous coches. Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Arteixo ao 112 Galicia, nun dos vehículos circulaba unha persoa que tivo que ser excarcerada e no outro turismo accidentado viaxaban dous ocupantes. Unha vez liberada a persoa atrapada e atendidas as outras dúas, os servizos sanitarios as trasladaron ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O accidente produciuse ao fío das 13:15 horas na Travesía de Arteixo, á altura do número 112.Foi a esa hora cando varias persoas particulares deron conta do sinistro ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Info – AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos