- Cargando las noticias de última hora...
Un incendio destruíu cinco vehículos no interior dun alboio en Santa Comba
Publicada: 02/03/2021
Tempo de lectura: 1 minuto e 50 segundos.
Info-AXEGA 112
Remata sen feridos, pero con cuantiosos danos materiais, un incendio declarado no interior dun alboio en Santa Comba.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás dúas desta madrugada mediante as chamadas de alerta dos veciños.Segundo explicaron, por máis que o intentaron, non conseguiron avisar os donos, que permanecían no interior da casa alleos a canto acontecía. De feito, foi a propia distribución da vivenda o que mantivo illados os propietarios e tamén a salvo do lume, que se producía nunha construción lindeira. En concreto, un alboio que facía as veces de garaxe, onde gardaban diversos vehículos e maquinaria.
Para facer fronte ás chamas, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Santa Comba, que logo controlaron o incendio sen producir danos persoais. Iso si, os danos materiais foron cuantiosos, pois perdéronse cinco vehículos, dous coches, un quad, unha bicicleta e unha moto. Tamén diversa maquinaria, como, por exemplo, unha formigoneira.
Cómpre indicar que os bombeiros contaron coa colaboración dos membros do servizo municipal de Protección Civil, así como dos axentes da Garda Civil.
Pódeche interesar...
Concentración en Malpica el 17 de abril
Para el próximo sábado 17 de abril está convocada una manifestación en el puerto de Malpica “en protesta por el cierre de los puertos para pescar, pasear, bañarse o aparcar”.Será a partir de las 17h. La pol…
Ler máisMuxía pasará este viernes al nivel medio
El ayuntamiento de Muxía pasará este viernes, 16 de abril, al nivel medio de restricciones según ha acordado el Comité clínico que asesora a la Xunta de Galicia en su reunión de este martes. El resto de los ayunt…
Ler máisFallece un joven de 30 años en un accidente en Cabana
Un joven de treinta años, residente en la localidad de Neaño, en el término municipal de Cabana de Bergantiños perdía la vida este jueves en un accidente de circulación en la carretera AC-429.Según confirmaban des…
Ler máis